Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "ABRAZ-ARTE". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "ABRAZ-ARTE". Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2024

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

 


 Os alumn@s de 4º e 2º de Primaria recibimos estes días na biblio a Marta, nai de África e Gloria.
 
Nesta ocasión preparounos un rosco de Pasapalabra con preguntas relacionadas coa ARTE. Pasámolo moi ben!!! Ata outra!!!
 


luns, 27 de maio de 2024

TEATRO A XANELA DO MAXÍN

 

O venres pasado recibimos no colexio a Celtia Figueiras, que nos agasallou cun teatriño baseado no libro A banda dos insectos. Pasando a bóla.


 


Con ela aprendemos unha chea de cousas sobre como comportarnos con VALENTÍA, para tod@s xunt@s acabar co bullying.


MOITAS GRAZAS E ATA A PRÓXIMA!!!


xoves, 2 de maio de 2024

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

 







A semana pasada visitounos Andrés, o pai de Carmen e Martín. Participamos nun pequeno obradoiro no que nos explicou diferentes aspectos relacionados co seu traballo: tipos de pinturas, aplicación, rodillos, etc.

Moitas grazas pola túas visita!!!


martes, 30 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

 

 

O pasado 23 de abril celebramos no colexio o Día Internacional do Libro.

  

Para conmemorar este día organizamos diferentes actividades. Os alumn@s fixeron un mural colectivo no que plasmaron con diferentes técnicas as súas lecturas favoritas acompañadas cun símbolo representando a emoción ou sentimento que lles suxería dita lectura.

  

Despois da actividade plástica pasamos a realizar lecturas compartidas, nas que os alumn@s maiores léronlle diferentes contos aos máis cativ@s.

        

 

 

   

 Nas diferentes aulas tamén crearon estes acordeóns con recomendacións lectoras. Mirade que chulos quedaron!