martes, 25 de febreiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Na biblioteca de Mallón continuamos coa xeira de visitas de familiares. Nesta ocasión recibimos a Vanesa, a nai de Elsa, que nos contou a historia do "Incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers.
 Despois de escoitar o conto atentamente pasamos a realizar un obradoiro de marcapáxinas "devoradores de libros".

Mirade que chulos quedan nos libros os nosos marcapáxinas!!!
Agradecémoslle a Vanesa a súa visita e a invitamos a volver cando queira. Ata a próxima!!!



luns, 24 de febreiro de 2014

ENTROIDO 2014

No CEIP Mallón xa temos todo preparado para celebrar o Entroido. Este ano, como non podía ser doutro xeito, a festa estará centrada no tema do proxecto deste ano "Asterix e as culturas antigas". A partir do venres poderedes ver os disfraces tan chulos que fixemos e as fotos da celebración do Entroido no colexio.

luns, 17 de febreiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada os alumn@s de 5º de Infantil tivemos na biblioteca a visita de Ana, a nai de Adriana.
Desta vez Adriana e a súa nai contáronnos dous contos moi chulos que nos gustaron moito.
O certo é que esta nova actividade que iniciamos este curso está a ser todo un éxito e unha experiencia moi enriquecedora para todos.
Moitas grazas pola túa visita e ata a próxima!!!
 

martes, 11 de febreiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Os alumn@s de 6º de Infantil recibimos outra visita na biblioteca. Nesta ocasión recibimos a David, o pai de Iago e que nos preparou un xogo relacionado coa pintura.
Primeiro cada cativ@ tivo que relacionar unha palabra clave coa pintura que lle correspondía e despois explicounos unha morea de cousas moi interesantes sobre os pintores e a temática dos cadros.
 Moitas grazas e ata outra ...

venres, 7 de febreiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Un dos principais obxectivos para este ano era o de contar cos familiares na biblioteca e, estase a conseguir con creces. Nesta ocasión visitounos Araceli, a nai de Xulián de 5º de Infantil, que aproveitou a ocasión para contarnos un conto moi bonito que nos gustou moito.
Moitas grazas pola túa visita e ata a próxima!!!