Benvid@s ao novo curso 2021-22. O novo, aínda que xa coñecido Equipo de Biblioteca, está de volta!!! Este ano formaremos parte del: Natalia (coordinadora), Graciela, Josefa e Sergio.
A nosa principal premisa seguirá a ser a de potenciar o pracer pola lectura entre as nosas familias e alumnado a través de diferentes actividades de animación á lectura, ademais de seguir apostando polas iniciativas que fomentan e desenvolven o tratamento da información como son os Proxectos Documentais Integrados.
Durante este curso traballaremos nun proxecto a nivel de centro que xirará arredor do respecto polo medio ambiente, así que estade atentos porque pronto teredes unha chea de propostas e sorpresas coas que seguir aprendendo mentres nos divertimos.