martes, 30 de abril de 2013

OPINIÓNS SOBRE A MALETA VIAXEIRA

Aquí tedes as opinións dos alumn@s de 6º de Primaria e as súas familias sobre a maleta viaxeira.
Preme na imaxe para ver as distintas opinións.

CARTAS A TENTALIBRÍN ABRIL

Tentalibrín segue a recibir e contestar cartas como tódolos meses. Aquí vai unha escolma das que recibiu durante o mes de Abril.
Preme na imaxe para ve-lo resto de cartas.

CREACIÓNS D@S ALUMN@S PARA O DÍA DO LIBRO


Aquí tedes algunhas das composicións que fixeron os nen@s para o Día do Libro. Houbo refráns, adiviñas, chistes, caligramas, contos, ...
Preme na imaxe para ver algúns dos seus traballos.

luns, 29 de abril de 2013

VISITA AOS MOZ@S DO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO MIÑOR


Os alumn@s do CEIP Mallón continuamos a aprender un montón de cousas sobre a alimentación. Desta vez visitamos aos moz@s que forman parte do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor, onde se están a formar en hostelería.
Alí coa súa axuda fixemos pan e brochetas de froita que despois almorzamos. De seguido déronnos unha breve charla sobre a importancia dunha dieta sana e equilibrada e sobre todo de tomar un almorzo cheo de nutrientes para rendir ao 100% na escola.
Por último tomamos o almorzo que nos prepararon!!! Estaba todo boísimo!!!

Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

xoves, 25 de abril de 2013

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Xa chega a XIV edición do Festival de Títeres de Redondela. Preme na imaxe para acceder á web, onde poderás atopar información de interese sobre: datas de celebración, artistas, programa, etc.

DÍA DO LIBRO 2013


Como xa sabedes, o pasado martes día 23 de Abril celebrouse o Día do Libro. No colexio realizamos diferentes actividades relacionadas coa lectura durante toda a semana.

Comezamos cos apadriñamentos lectores, actividade que levamos facendo nos últimos anos e que aos alumn@s lles encanta.
Os maiores escolleron a un dos máis cativ@s para contarlles un conto que lles gustara e logo facer un debuxo entre os dous. Todo foi sobre rodas xa que fixo un día espléndido para disfrutar da lectura ao aire libre.




Continuamos coa representación do conto "Arco da Lúa" por parte dos alumn@s de 5º e 6º para o resto de alumn@s e mestres do colexio.


Unha vez rematado o conto dos rapaces de 5º e 6º pasamos ao troco de creacións literarias dos nen@s por libros procedentes dos expurgos.

Cada curso foi presentando as súas creacións e despois os cativ@s escolleron un libro como agasallo.






Tod@s quedaron moi contentos cos seus agasallos, ademais de ter a oportunidade de amosarlle ao resto do cole o traballo realizado durante as últimas semanas.




Como colofón final ás actividades da Semana do Libro, o xoves tivemos dúas visitas moi especiais.
Os pequerrech@s de Educación Infantil disfrutaron coa actuación de Susa Herrera e os seus
"Animais Encantadores", onde non faltaron o baile e a música.














Por outra banda, os alumn@s dos diferentes ciclos de Primaria pasaron un rato estupendo con Inácio Vilariño e a súa "Fábula Galénica", onde se mesturaron o humor, os contos, a música tradicional e mesmo o baile.


















Podedes visitar a galería de fotografías completa na seguinte ligazón:

sábado, 20 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS PRIMARIA (3º CICLO)

Xa está lista a actividade LIM para traballar as Letras Galegas no 3º ciclo de Primaria.
Preme na imaxe para acceder.

martes, 16 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS PRIMARIA (2º CICLO)

Como o prometido é débeda..., aquí están as actividades para traballar as Letras Galegas cos alumn@s do 2º ciclo de Primaria.
Preme na imaxe para acceder á actividade.

xoves, 11 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS PRIMARIA (1º CICLO)

Aquí tedes as actividades LIM para traballar o Día das Letras Galegas cos alumn@s do primeiro ciclo de Primaria.
Preme na foto para realiza-la actividade.

mércores, 10 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013 (INFANTIL)

Aquí tedes unha actividade realizada coa ferramenta LIM polo Equipo de Biblioteca para traballar as Letras Galegas cos máis pequenos (Educación Infantil).
Preme na imaxe para acceder á actividade.