martes, 9 de decembro de 2014

BUZÓNS DO CORREO DE TENTALIBRÍN

 Ao igual que nestes últimos cursos, segue a funcionar no colexio o correo de Tentalibrín, a través do cal os alumn@s cartéanse coa mascota da biblioteca. Como novidade para este ano, dende o Equipo de Biblioteca, confeccionamos buzóns para todas as aulas, para que podan recibir as respostas que lles escribe Tentalibrín.

luns, 3 de novembro de 2014

domingo, 2 de novembro de 2014

Vídeo resumo da celebración do Samaín no colexio.


 
Aquí tedes un resumo a modo de vídeo da celebración do Samaín 2014 no colexio. Non faltaron a exposición de cabazas, a merenda terrorífica a cargo das familias, cancións, bailes, presentación de actividades feitas na biblioteca, etc.
Agardamos que vos guste!!!

sábado, 1 de novembro de 2014

xoves, 30 de outubro de 2014

OBRADOIRO DE MONSTROS 3º DE PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22014103016110/0 
Os alumn@s de 3º de primaria participaron nun obradoiro de monstros, onde cada un fixo o seu para despois cortalo en tres anacos (cabeza, tronco e pernas) e intercambialos cos compañeiros para crear un novo monstro que tiver que describir.
Preme na imaxe para ver o resultado.

mércores, 29 de outubro de 2014

martes, 28 de outubro de 2014

ABECEDARIO DO SAMAÍN

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22014102820180 
Aquí está o simpático abecedario que elaboraron na biblioteca os alumn@s de 1º e 2º de Primaria.
Preme na imaxe para poder velo.

mércores, 22 de outubro de 2014

SAMAÍN 2014

No colexio xa estamos preparando a festa do Samaín e, dende a biblioteca tamén estamos a traballar para conmemorar esta data sinalada. O vindeiro xoves día 30 de Outubro teremos a festa do Samaín no cole e non faltarán os disfraces, traballos, merenda terrorífica, exposición de cabazas, etc.
Pronto teredes as fotos deste día tan divertido...


xoves, 9 de outubro de 2014

BIBLIOTECA NOS RECREOS

Ao igual que nos últimos cursos a biblioteca está aberta nos recreos dende Outubro ata Maio. Coas primeiras choivas do curso xa empezamos a ter alumn@s que acuden á biblioteca a facer deberes, estudar, xogar, facer puzles, buscar información e xogar nos ordenadores, etc.


mércores, 8 de outubro de 2014

BRIGADA GLORIA FUERTES 2014-15

Xa está lista a Brigada de biblioteca deste curso. Os voluntari@s de 5º e 6º de Primaria serán os encargados de manter a biblioteca ordenada e de axudar aos máis pequenos, ao mesmo tempo que aprenden máis a fondo aspectos relativos ao funcionamento e organización dunha biblioteca escolar.
Moitas grazas polo voso traballo e ánimo!!!

xoves, 4 de setembro de 2014

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Mallón queremos darvos a benvida a este novo curso que está a piques de comezar. Este ano traballaremos nun proxecto sobre os contos clásicos, co que agardamos que aprendades moitas cousas e vos interesedes por este mundo cheo de imaxinación e polas persoas que fixeron posible que estas obras se transmitiran de pais a fillos con gran éxito durante décadas ata a actualidade.
Pronto teredes noticias sobre todo o que intentaremos facer dende a biblioteca durante este curso.
Vémonos dentro duns días!!!

martes, 17 de xuño de 2014

REVISTA ESCOLAR 2013-2014

http://issuu.com/spginet/docs/anosarevista2014 
Aquí tedes a revista escolar do curso 2013-14 en formato dixital. 
Preme na imaxe para acceder.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe, como colofón final a este curso no que as familias estiveron tan presentes na biblioteca, contamos unha vez máis con Vanesa, a nai de Elsa, que transformou a biblio nun "Restaurante de libros".
Vanesa contounos diferentes contos relacionados coa comida e ao final agasallounos cunhas galletas que estaban riquísimas. 
Moitas grazas a todas as familias que colaboraron coa biblioteca durante este ano e ata o vindeiro curso!!!

sábado, 7 de xuño de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Aínda que xa estamos a rematar o curso as familias seguen a colaborar coa biblioteca coas súas actividades, que pouco a pouco vanse consolidando como un recurso máis na vida diaria no centro.
Nesta ocasión a visita foi innovadora, xa que foron dúas nais de alumnos que prepararon un pequeno teatriñode maneira conxunta para os cativ@s.

 







 En primeiro lugar Ana e Araceli contáronlles un conto aos nen@s e logo foron os alumn@s de 5º de Infantil os que pasaron a improvisar pequenas historias empregando o teatro que elaboraran as nais de Adriana e Xulián.
Agardamos poder contar con elas o ano que ven e agradecémoslles unha vez máis a súa visita.

domingo, 25 de maio de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado venres volveu a visitarnos Ana, a nai de Adriana de 5º de Infantil. Esta vez a actividade que nos trouxo foi un kamishibai, un pequeno teatro xaponés para contar contos apoiándose en diferentes ilustracións.
Pola mañá preparamos na clase as diferentes ilustracións do conto "La pequeña oruga glotona" de Eric Carle e despois, na hora da bilioteca recibimos a Ana, que prepara na casa o pequeno teatriño cunha caixa de cartón.
Escoitamos atentamente o conto mentres ollamos as ilustracións que fixemos na clase. Por último, como aínda sobraba un pouco de tempo, tamén nos contou o conto de "Cocorico" que nos gustou moito.

martes, 20 de maio de 2014

sábado, 17 de maio de 2014

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2014

Este ano para celebrar o día das Letras Galegas, levamos a cabo diferentes actividades ao longo da mañá. Para comezar, os cativ@s expuxeron as diferentes palabras galegas que para eles eran as máis bonitas do mundo.
A continuación pasamos a realizar un intercambio de libros en galego, para pasar despois ao festival no salón de usos múltiples.


 Xa no festival puidemos observar as diferentes actuacións levadas a cabo polos diferentes cursos. Non faltaron as cancións, recitados de poesías de Díaz Castro, pequenas pezas teatrais, ata houbo un rap dos alumn@s de 5º de Primaria!!!.






















Podedes ver o resto de fotografías na páxina web do colexio.

martes, 6 de maio de 2014

sábado, 3 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014 2º CICLO

https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADaz%20castro%202%C2%BA%20ciclo/d_iaz_castro_2_o_ciclo.html
Actividade LIM para traballar o Día das Letras Galegas no 2º ciclo de Primaria.
Preme na imaxe para acceder.

xoves, 1 de maio de 2014

martes, 29 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Durante a semana do Día do Libro levamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar esta data sinalada. O primeiro día tocaron as xa clásicas "lecturas compartidas" nas que os alumn@s máis grandes léronlles contos aos máis pequenos.

Por último, despois de que os pequen@s escoitaran os contos con gran atención,por parellas, pasaron a facer un debuxo relacionado co conto.
O Luns recibimos na biblioteca ao gran Anxo Moure, que nos amenizou a mañá coas súas historias, contos e bailes.
Con Anxo aprendimos unha chea de cousas sobre árbores, barcos e seres mitolóxicos do río Miño.
 Pasámolo moi ben cantando e bailando!!! Pero sobre todo aprendemos o importante que é coidar o noso entorno e respetar a Natureza.
Como colofón final a esta semana de celebracións tivemos a oportunidade de coñecer a un gran artista do Val Miñor, Jacobo Lijó, que nos falou da importancia das ilustracións nos contos para nen@s.
 
Para rematar, despois de amosarnos algunhas das súas creacións fixemos un obradoiro de debuxo no que Jacobo nos ensinou algúns trucos que podiamos empregar para debuxar a Tentalibrín, a mascota da biblioteca.
Podedes ver o resto de imaxes na páxina web do colexio.