xoves, 24 de xaneiro de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

 Hoxe recibimos na biblioteca aos pais de África da clase de 4 anos. Nesta ocasión contáronnos un conto sobre o espacio que nos gustou moito.
 Despois do conto axudáronnos a cosntruir uns foguetes espaciais CHULÍSIMOS!!!









MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Hoxe os alumn@s de 2º de primaria recibimos a visita do pai de Antón. Nesta ocasión explicounos para que se usan as escalas e como se representan nun plano. Con esta información e aproveitando os planetas que pintaron os alumn@s de Infantil, pasamos a colocar os diferentes planetas ás correspondentes distancias con respecto ao Sol a escala.

 Pouco a pouco fomos medindo as distancias de cada planeta e colocándoos no corredor de acceso á biblioteca. Aquí tedes o resultado. Moitas grazas a David por dedicarnos o seu tempo!!!

mércores, 16 de xaneiro de 2019

NOITE DE ESTRELAS

A semana pasada celebramos no cole unha actividade en relación ao proxecto sobre o Universo. A esta actividade asistiron unha chea de alumn@s e familiares, algo que nos alegrou moito. Durante a tarde-noite do xoves asistimos a unha charla sobre o Sistema Solar na que aprendemos unha chea de cousas interesantes. 
Acontinuación pasamos a visitar om planetario móbil que tivemos durante uns días no colexio e por último saímos ao patio a ver a Lúa con diferentes telescopios mentres tomamos un chocolate quentiño, ademais de poder identificar diferentes constelacións e estrelas grazas ás explicacións de Bruno, a quén lle agradecemos a súa predispoción e colaboración.



Agradecemos a tod@s a súa asistencia, en especial ás familias que trouxeron os telescopios.