martes, 20 de decembro de 2011

CHEGOU O NADAL!!!


Xa chegou o Nadal á biblioteca de Mallón. Ata a nosa mascota "Tentalibrín" vestiuse para a ocasión e enviounos unha carta na que nos anima a seguir lendo e escribindo. Ademáis trouxo agasallos para tódol@s nen@s do cole, mirade que marcapáxinas tan chulos nos regalou!!!

venres, 2 de decembro de 2011

MALETA VIAXEIRA


Hoxe comeza a funcionar no cole a "Maleta viaxeira". Esta maleta viaxará polas casas das diferentes familias dos alumn@s do colexio. Nela poderedes atopar un conto para os nenos, un libro para pais e nais, unha película en DVD e un caderno onde poderedes valorar esta nova actividade para o fomento da lectura. Agardamos que sexa todo un éxito!!!

luns, 28 de novembro de 2011

A BRIGADA GLORIA FUERTES


Est@s son os alumn@s de 5º e 6º que forman parte da Brigada de Biblioteca "Gloria Fuertes". O seu traballo consiste en supervisar a orde da biblioteca e axudar aos mestr@s para un bo funcionamento da mesma.


mércores, 23 de novembro de 2011

xoves, 3 de novembro de 2011

UNHA BIBLIOTECA DE MEDO!!!


No colexio celebramos o Samaín. Disfrazámonos de personaxes terroríficos e tivemos un montón de actividades como: cancións e contos de medo, exposición de cabazas, merenda terrorífica, etc. Ata Tentalibrín, a mascota da biblioteca, disfrazouse para a ocasión!!! Aquí tedes algunhas fotos.

xoves, 27 de outubro de 2011

martes, 25 de outubro de 2011

Creacións alumn@s


Aquí tedes algunhas das creacións realizadas polos alumn@s e as súas familias para a inauguración da biblioteca. O traballo consistía en representar nunha maqueta o seu conto favorito, e a verdade é que foi todo un éxito!!!

luns, 17 de outubro de 2011

MÁIS CARTAS

No buzón de Tentalibrín seguimos recibindo cartas de diferentes cursos!!! Os alumnos de Infantil tamén quixeron participar e debuxaron ás tartarugas que temos de mascotas no colexio.
Aquí tedes as cartas:


martes, 11 de outubro de 2011

CARTAS A TENTALIBRÍN


Os alumnos de Mallón estanlle a escribir cartas á mascota da biblioteca. Para quen non o coñeza, chámase Tentalibrín, e é o encargado de avisarnos das novidades con respecto ao proxecto dos deportes. Ás veces escríbenos cartas aos diferentes cursos e nós respondémoslle a través do seu buzón.
Aquí tedes algunhas das cartas recibidas...
 

BENVID@S


Benvidos a este novo espazo do cole de Mallón. A través deste blog poderedes ter un contacto máis próximo coa biblioteca, ter acceso ás noticias que van aparecendo ver imaxes de proxectos, ve-los libros que recomendamos cada mes, etc.
Pouco a pouco iremos medrando nesta nova etapa e ao igual que sucedeu co blog de actividades (cativosdemallon.blogspot.com), agardamos que lle sexa de utilidade tanto aos alumnos, mestres e familias de Mallón como a calqueira  outra persoa que queira acceder ao noso noso novo espazo dixital.
Un saúdo.