luns, 1 de marzo de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                                     DÍA CONTRA A VIOLENCIA  DE XÉNERO

Dende a biblioteca escollemos estes tres libros para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Unha vez traballado nas aulas, fixeron unha representación gráfica do conto nun trozo de cartulina . con todos os trozos de cartulina montamos a silueta dunha gran muller `` Maruxa ´´ .

INFANTIL

O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.

1º,2º,3º E. PRIMARIA

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).

«O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.
Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico».
O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.

MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres.
No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.
Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

4º,5º,6º E. PRIMARIA

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.






25 de Novembro de 2020. Día contra a violencia de xénero. 

Equipo de biblioteca


SAMAÍN

 O EQUIPO DA BIBLIOTECA ELABOROU UN PHOTOCALL PARA QUE TODO O ALUMNADO FAGA UNHAS TERRORÍFICAS FOTOS DE RECORDO DO SAMAÍN 2020.






DÍA DAS BIBLIOTECAS

                                 DÍA DAS BIBLIOTECAS


Este ano, para celebrar o día das bibliotecas escolares, fixemos unha exposición na nosa biblioteca escolar co título : BIBLIOTECAS CURIOSAS .

Os nenos e nenas puideron ver a cantidade  tan vairada de espazos que atopamos polo mundo, cada cual máis especial, bonito e curioso , adicado á lectura.

Na semana do 24 de outubro, os diferentes cursos do centro visitaron a biblioteca e votaron a aquela que  lle gustaba máis. 

O resultado ? ó final do vídeo.

 Pica na imaxe para ver o vídeo