venres, 26 de abril de 2019

COMIC "AS ORIXES DO UNIVERSO" 5º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/as_orixes_do_universo
Aquí tedes o comic realizado polo alumnado de 5º de primaria en relación ao proxecto deste ano. O traballo consistiu en buscar a información necesaria e redactar un pequeno texto coa información obtida sobre os diferentes puntos que lle tocaron a cada parella. A continuación os alumn@s pasaron a plasmar ese texto nas diferentes viñetas nas que eles eran os protagonistas e por último puxemos todo en común para darlle forma ao noso comic.

martes, 23 de abril de 2019

LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 4º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/curiosidades_4_

Aquí tedes o libro creado polos alumn@s de 4º de primaria en relación á temática do proxecto deste ano. O traballo consistiu na busca de información de datos curiosos sobre o Universo. Despois os alumn@s plasmaron nun debuxo a curiosidade que escolleron. Por último, redactaron a súa curiosidade e empregaron a ferramenta BookCreator para crear as diferentes páxinas do noso libro.

venres, 12 de abril de 2019

POEMA "UNI-VERSO" 1º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/uni-verso

Aquí tedes o poema elaborado polo alumnado de 1º en relación ao proxecto, co que despois montamos este libro tan chulo que quedará na biblioteca para que todos o poidamos disfrutar.

martes, 9 de abril de 2019

LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 3º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/curiosidades
Aquí tedes o libro creado polos alumn@s de 3º de primaria en relación á temática do proxecto deste ano. O traballo consistiu na busca de información de datos curiosos sobre o Universo. Despois os alumn@s plasmaron nun debuxo a curiosidade que escolleron. Por último, redactaron a súa curiosidade e empregaron a ferramenta BookCreator para crear as diferentes páxinas do noso libro.

martes, 2 de abril de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O outro día recibimos  no colexio á nai de Jorge, da clase de 4 anos. Nesta ocasión contounos un conto moi chulo sobre un ser extraterrestre moi especial, axudándose dunha maqueta do Sistema Solar que construiron en familia coa axuda do seu irmán David de 5º de primaria.






Dende a biblioteca agradecémoslle moito a súa visita e convidámola a volver cando queira!!!