mércores, 10 de xuño de 2026

Chéganos xa o verán

E para pasar un tempo divertido e desfrutar deixámosvos unha recomendación de libros, feliz verán

Lecturas compartidas

Acabamos a semana con lecturas compartidas onde os maiores preparan e contan un libro aos mais pequenos. Encántannos as historias e sobre todo que chega o venres…

Visita dun cociñeiro

Contamos coa vistita de Matracala e a súa showcooking para nenos

Ás ricas receitas

Todos os meses degustamos unhas ricas receitas que prepararon os alumnos do cole dos diferentes países de todos os continentes.

luns, 25 de maio de 2026

Dende a biblioteca do centro para conmemorar o Día da Familia (15 de maio) queremos poñer a disposición unhas mochilas viaxeiras para adultos con libros para pais e nais sobre a crianza dos seus fillos (contactando co centro ou coa titora do alumno para o préstamo). Agardamos que sexa do voso interese e pracer e para unha educación saudable, amor e benestar. Grazas.

martes, 5 de maio de 2026

Día do Libro 2026

AQUÍ TEDES AS FOTOS DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2026, NA QUE NON FALTARON, ARTE, DEBUXOS, PORTADAS DE CONTOS, LECTURAS COMPARTIDAS E POR SUPOSTO LIBROOOOOOS E AO NOSO ACTOR, PERCURSIONISTA E CONTA CONTOS PACO NOGUEIRAS.

martes, 10 de marzo de 2026

8M DÍA DA MULLER

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO, DENDE A BIBLIOTECA, FIXOSE UNHA SELECCIÓN DE FONDOS RELACIONADOS CO DÍA DA MULLER. O ALUMNADO DE PRIMARIA E INFANTIL REALIZOU UNHA EXPOSICIÓN DE RETRATOS DUNHA MULLER IMPORTANTE DA SÚA VIDA.

24 Febreiro. Día de Rosalia de Castro

Homenaxeando a nosa poeta e novelista española fixemos unha pequena selección das súas obras e literatura. Tamén gozamos da actividade "cociñando caldo de Gloria" proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

martes, 3 de febreiro de 2026

NOVIDADES

PRESENTAMOS A NOSA ADQUISICIÓN DE LIBROS QUE TEMOS ESTE ANO PARA A BIBLIOTECA DO COLE. TÍTULOS TAN INTERESANTES COMO: "El niño con flores en la cabeza" "Mamá ¿por qué me enfado?" "A Banda que ninguén coñece"

venres, 30 de xaneiro de 2026

NADAL DE COCIÑA

A árbore de Nadal do cole aparece adornado de vieiras decoradas coa súas familias. Ademais degustamos as deliciosas galletas elaboradas polo alumnado e enfornadas pola Panadería do barrio “La Pintora”.

25 NOVEMBRO: DÍA Contra a Violencia de Xénero

Un ano máis, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller para elo elaboramos o tarro dos bos tratos co lema “A igualdade tamén se cociña: engadamos bos tratos á receita”

SAMAÍN

OUTUBRO 30 Outubro Desde o equipo da dinamización da lingua galega e equipo de biblioteca propuxéronse varias actividades para celebrar esa festividade : exposición de cabazas, merenda común , xogo de pistas…, receitas, cancións, contos, vídeos…

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Día das Bibliotecas escolares Conmemoramos este día coa presentación do proxecto ao alumnado cun video de Tentalibrín coa súa proposta de colorear os utensilios de cociña para decorar a porta de cada aula

BENVID@S AO CURSO 2025/26

Benvid@s a este novo curso. Este ano o noso proxecto será “CociñARTE”, estades preparados?