xoves, 13 de marzo de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe os alumn@s de 1º de Primaria recibimos na biblioteca a María, a nai de Miriam. Contounos un conto moi chulo que se chamaba "A caixa dos tesouros".
Despois de escoitar o conto confeccionamos as nosas propias caixas para gardar os nosos tesouros.
Agradecémoslle a María a súa visita e a convidamos a volver a visitarnos cando queira.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado Martes recibimos a visita de Miriam, a nai de Antón de 6º de Infantil. 
  
 
Primeiro contounos un conto en lingua de signos e a continuación recortamos unha ficha coa que aprendemos a representar o noso nome con signos.
Moitas grazas pola túa visita e ata a próxima!!!

domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmallon/galeria/thumbnails.php?album=101 
Xa podedes ver as fotos da celebración do Entroido no cole. Este ano, como non podía ser doutro xeito, a temática foi a do noso proxecto. Tivemos a Asterix, Obelix, Panoramix, aos soldados romanos, etc.
Preme na imaxe para ver as fotos.