xoves, 17 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Onte visitounos o pai de Khady e entre os dous nos contaron unha chea de cousas sobre Senegal, o seu país de orixe. Amosáronnos no mapa onde está situado e tamén nos contaron moitas cousas sobre: gastronomía, lugares fermosos, tipos de casas, costumes, palabras e expresións, etc.
Despois ensinounos unha canción senegalesa e cantamos e bailamos todos xuntos.
Para rematar tocamos o djembe e seguimos cantando a canción que aprendimos.
 Pasámolo moi ben e aprendimos unha chea de cousas. Moitas grazas pola visita e ata a próxima.

domingo, 13 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

O pasado venres visitounounos a nai de Xuan, da clase de 4 anos de Infantil. Contounos un conto titulado "El retorno de Villarina", basado na historia real dunha osezna atopada ferida en Cantabria que despois de ser curada polos humanos foi reintroducida nos montes cántabros.
Para rematar fixemos uns pequenos abetos de cartón para decorar na casa, que quedaron así de chulos.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

martes, 8 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

O pasado venres recibimos na biblioteca ao pai de Antón, da clase de 4 anos.
Nesta ocasión contounos unha chea de cousas sobre as estrelas, o magnetismo, a luz e a electricidade.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!