martes, 20 de decembro de 2011

CHEGOU O NADAL!!!


Xa chegou o Nadal á biblioteca de Mallón. Ata a nosa mascota "Tentalibrín" vestiuse para a ocasión e enviounos unha carta na que nos anima a seguir lendo e escribindo. Ademáis trouxo agasallos para tódol@s nen@s do cole, mirade que marcapáxinas tan chulos nos regalou!!!

venres, 2 de decembro de 2011

MALETA VIAXEIRA


Hoxe comeza a funcionar no cole a "Maleta viaxeira". Esta maleta viaxará polas casas das diferentes familias dos alumn@s do colexio. Nela poderedes atopar un conto para os nenos, un libro para pais e nais, unha película en DVD e un caderno onde poderedes valorar esta nova actividade para o fomento da lectura. Agardamos que sexa todo un éxito!!!