venres, 18 de novembro de 2016

CIENCIA EN MOVEMENTO


Ciencia en movemento - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Hoxe visitáronnos Suso e Silvia co seu museo científico itinerante. Nesta actividade explicáronnos unha chea de cousas sobre os animais e a natureza. Aprendemos cousas moi interesantes sobre as abellas e as colmeas, miramos diferentes insectos, mudas de serpe, etc.

sábado, 29 de outubro de 2016

VÍDEO RESUMO SAMAÍN 2016



FESTIVAL SAMAÍN 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 Aquí tedes un avance da celebración do Samaín no colexio. En breve poderedes ver todas as fotos na páxina web do colexio.  Aproveitamos a ocasión para agradecerlles ás familias a súa colaboración cos seus fabulosos postres terroríficos.

xoves, 27 de outubro de 2016

ENCICLOPEDIA DO TERROR E DOS SERES MITOLÓXICOS GALEGOS

http://issuu.com/spginet/docs/enciclopedia_5___6__?workerAddress=ec2-54-221-144-107.compute-1.amazonaws.com
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria investigaron en internet sobre diferentes personaxes de terror e seres da mitoloxía de Galicia. Despois fixeron un debuxo do seu personaxe e un pequeno traballo escrito  sobre cada un deles.
Preme na imaxe para ver o resultado.

RIMAS DO SAMAÍN

http://issuu.com/spginet/docs/rimas_3__?workerAddress=ec2-54-161-55-240.compute-1.amazonaws.com
Oa alumn@s de 3º de Primaria crearon unhas pequenas rimas do Samaín que posterirormente ilustraron cos seus debuxos. Aquí tedes os seus traballos. Preme na imaxe.

LIBRO DOS ANIMAIS TERRORÍFICOS 2º PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/animais_terror__ficos?workerAddress=ec2-54-166-213-161.compute-1.amazonaws.com
Os alumn@s realizaron este libro para conmemorar o Samaín. Cada un deles inventou un animal terrorífico e despois escribiron unha pequena descrición das súas creacións.
Preme na imaxe para ver os seus traballos.

mércores, 26 de outubro de 2016

PROGRAMA SAMAÍN 2016


O vindeiro venres día 28 de outubro celebramos no colexio a festa máis terrorífica do ano...
NON PODES FALTAR!!!

luns, 5 de setembro de 2016

BENVID@S AO NOVO CURSO 2016-17

Benvid@s ao curso 2016-17. Este ano, por petición dun gran número de alumn@s, traballaremos dende a biblioteca nun Proxecto sobre animais. Agardamos que ao longo do curso podamos aprender unha chea de cousas ao mesmo tempo que o pasamos ben.
Ata pronto!!! Vémonos o luns día 12 de setembro!!!

sábado, 25 de xuño de 2016

REVISTA ESCOLAR 2016

http://issuu.com/publishregister?file=p1am4km4daodb19hd9l17vq10tn5&docId=160625204228-02bd887301e9097224dd466a5745dd1e&workerAddress=ec2-54-173-74-53.compute-1.amazonaws.com&coverWidth=595&coverHeight=841&detectedTitle=Revista+2016&sessionId=p1am4klj2e1vtfubh19do1jkiatj0 
Xa está dispoñible a revista escolar do curso 2015-16. Preme na imaxe.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

  A derradeira semana do curso visitounos a nai de Martín de 5º de Infantil. Nesta ocasión contounos varios contos, entre eles "Non quero ser un polbo!". Ademais amosounos o intelixentes que son os polbos nun vídeo. Para finalizar fixemos unha manualidade con material de refugallo.
Ata o vindeiro curso!!!

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

  A derradeira semana do curso visitounos a nai de Martín de 5º de Infantil. Nesta ocasión contounos varios contos, entre eles "Non quero ser un polbo!". Ademais amosounos o intelixentes que son os polbos nun vídeo. Para finalizar fixemos unha manualidade con material de refugallo.
Ata o vindeiro curso!!!

luns, 20 de xuño de 2016

sábado, 28 de maio de 2016

CURTAMETRAXE "A PARTES IGUAIS"

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos
Xa podedes ver a curtametraxe de animación realizada co alumnado de 3º de primaria coa que participamos no concurso da CRTVG, OQO Editora e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esperamos que vos guste!!! 
Preme na imaxe para ver a curta.

venres, 29 de abril de 2016

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2016

Aquí tedes un resumo da celebración do Día do Libro no colexio. Durante as derradeiras semanas os diferentes cursos prepararon diversas actividades para conmemorar este día.
 Tivemos contos, cancións, poesías, títeres, teatro, etc.

Como colofón final recibimos a María da Pontragha, que nos deleitou cos seus contos e cancións.






mércores, 30 de marzo de 2016

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Esta semana visitounos a nai de Jorge, da clase de 5 anos. Contounos o conta da "Unha eiruga moi larpeira" de Eric Carle.
Para rematar axudounos a confeccionar unhas eirugas que quedaron así de chulas!!!

 Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!