Xa está dispoñible a revista escolar do curso 2015-16. Preme na imaxe.
sábado, 25 de xuño de 2016
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...
A derradeira semana do curso visitounos a nai de Martín de 5º de Infantil. Nesta ocasión contounos varios contos, entre eles "Non quero ser un polbo!". Ademais amosounos o intelixentes que son os polbos nun vídeo. Para finalizar fixemos unha manualidade con material de refugallo.
Ata o vindeiro curso!!!

luns, 20 de xuño de 2016
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN
A semana pasada visitounos a nai de Elsa de 2º de Primaria. Nesta ocasión contounos o conto de "O cazo de Lorenzo" e despois vimos a curtametraxe do conto.
A continuación contounos tamén o conto de "Orellas de bolboreta" e por último realizamos unha manualidade na que decoramos unha árbore coas nosas pegadas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)