xoves, 17 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Onte visitounos o pai de Khady e entre os dous nos contaron unha chea de cousas sobre Senegal, o seu país de orixe. Amosáronnos no mapa onde está situado e tamén nos contaron moitas cousas sobre: gastronomía, lugares fermosos, tipos de casas, costumes, palabras e expresións, etc.
Despois ensinounos unha canción senegalesa e cantamos e bailamos todos xuntos.
Para rematar tocamos o djembe e seguimos cantando a canción que aprendimos.
 Pasámolo moi ben e aprendimos unha chea de cousas. Moitas grazas pola visita e ata a próxima.

domingo, 13 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

O pasado venres visitounounos a nai de Xuan, da clase de 4 anos de Infantil. Contounos un conto titulado "El retorno de Villarina", basado na historia real dunha osezna atopada ferida en Cantabria que despois de ser curada polos humanos foi reintroducida nos montes cántabros.
Para rematar fixemos uns pequenos abetos de cartón para decorar na casa, que quedaron así de chulos.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

martes, 8 de decembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

O pasado venres recibimos na biblioteca ao pai de Antón, da clase de 4 anos.
Nesta ocasión contounos unha chea de cousas sobre as estrelas, o magnetismo, a luz e a electricidade.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

domingo, 22 de novembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado martes visitounos David, o pai de Iago de 2º de Primaria. Nesta ocasión a súa visita estivo enfocada á ASTRONOMÍA.



Explicounos que é un eclipse e puidemos experimentar como se producen. Para recrear un eclipse solar empregamos unha linterna como Sol, unha bola facendo de Lúa e a Terra pintada nunha pizarra branca.
                                                                                      
Para rematar tamén nos falou da lei da gravidade e de como funciona o magnetismo no noso planeta.

Por último deixounos utilizar o telescopio para mirar un cable dunha fachada que estaba bastante lonxe e que a simple vista non alcanzabamos a ollar, para así facernos a idea da capacidade de aumento que ten o telescopio e da grande distancia á que están as estrelas de nós.


Foi unha actividade moi interesante e aprendemos unha chea de cousas. Dende a biblioteca agradecémoslle a súa visita.

                                                                                

luns, 2 de novembro de 2015

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2015

Durante as últimas semanas, na biblioteca, preparamos unha serie de materiais e actividades cos diferentes cursos para celebrar o Samaín. Os alumn@s de Infantil preparaon o "Libro dos medos" onde cada un fixo un debuxo cos personaxes ou cousas que lle daban medo.

Por outra banda os alumn@s de 1º e 2º de Primaria elaboraron outro libriño no que partindo da silueta dunha cabaza representaron cousas relacionadas co Samaín.
  





No caso de 3º e 4º de Primaria elaboramos un libro de adiviñas terroríficas coas adiviñas que crearon e ilustraron na biblioteca.
Por último, os alumn@s de 5º inventaron un rap e unha coreografía sobre o Samaín, mentres que os de 6º contaron ao resto os orixes da celebración do Samaín, ademais de contar a historia de Jack O'Lantern.

mércores, 28 de outubro de 2015

RAP DO SAMAÍN

Os alumn@s de 5º de Primaria inventaron un rap para celebrar o Samaín. Pronto poderedes ver o vídeo da súa actuación no festival que celebraremos o vindeiro xoves.

LIBRO DAS ADIVIÑAS TERRORÍFICAS

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22015102819190
Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria confeccionaron un libro coas adiviñas terroríficas que inventaron na hora semanal de biblioteca. Aquí tedes o resultado. 
Preme na imaxe para acceder

LIBRO SAMAÍN 1º E 2º

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22015102619100
Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria elaboraron este libro para conmemorar a festa do Samaín. Trátase dun libro no que se recollen os debuxos feitos polos cativos tomando como referencia a silueta dunha cabaza. Utilizando a súa imaxinación, os nen@s debuxaron diferentes personaxes e cousas relacionadas co Samaín: gatos negros, bruxas, demos, morcegos, etc.
Preme na imaxe para ver o seu traballo.

martes, 20 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015

Como todos os anos por estas datas estamos preparando o Samaín no colexio. O vindeiro xoves día 29 de outubro celebraremos o Samaín coa tradicional merenda terrorífica, exposición de cabazas e o festival no que os diferentes cursos presentarán os materiais elaborados na biblioteca para conmemorar esta festa. Pronto teredes máis novas sobre esta celebración. E xa sabedes No Samaín non teñas medo, nin das cabazas nin dos morcegos ...

luns, 7 de setembro de 2015

BENVID@S AO NOVO CURSO 2015-16

Benvid@s a este novo curso escolar 2015-16. Este ano, dende a biblioteca imos traballar nun Proxecto moi interesante sobre a Ciencia, os inventos e os inventores-as. Pouco a pouco iredes tendo novas sobre este novo proxecto, co que agardamos que os mestr@s, familias e por suposto alumn@s podamos aprender unha chea de cousas!!!
Ata pronto!!!

mércores, 24 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Os alumn@s de 1º de Primaria recibimos a visita da nai de Elsa. Nesta ocasió contounos unha chea de cousas sobre os planetas e o Sistema Solar.



Para rematar construímos uns telescopios para ver como son as diferentes constelacións sen ter que mirar o ceo pola noite. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.


domingo, 14 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...




Os alumn@s de 3 anos recibimos a visita de Vanesa, a nai de Martín. Nesta ocasión contounos dous contos do autor Eric Carle, "La pequeña oruga glotona" e "La araña hacendosa".
Aprendimos unha chea de cousas sobre as orugas e as bolboretas e para rematar decoramos unhas bolboretas de cartulina que quedaron chulísimas.
 
 

xoves, 4 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Os alumn@s de 3 anos recibimos hoxe unha visita na biblioteca. Visitounos Silvia, a nai de Antón, que nos contou tres contos; un en galego, outro en castelán e outro en inglés. Pasámolo moi ben e estivemos moi atentos.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


O mércores visitounos Miriam, a nai de Antón de 1º. Nesta ocasión contounos un conto sobre o millo e o proceso para facer pan.
Amosounos os grans de millo, a fariña e ata trouxo unhas bolas de pan de millo recén feitas que estaban boísimas!!!
Para rematar fixemos debuxos das espigas coas súas partes, do muíño e da bola de pan.