xoves, 31 de outubro de 2019

TEATRO "O PAPÓN"


                                       
Aquí tedes a adaptación teatral do conto O Papón preparada polos alumn@s de 6º de primaria durante a hora semanal de biblioteca.

CANCIÓN "ISTO É SAMAÍN"

                   
                                     
Os alumn@s de 5º de primaria inventaron unha letra baseada na canción " Esto es Halloween" para poñela en escena o día do festival de Samaín. Aquí tedes o resultado.

VERSOS DE JACK O'LANTERN


                                  
Para celebrar o Samaín o alumnado de 4º de primaria preparou durante as sesións semanais de biblioteca a historia de Jack O'Lantern a modo de versos, para facer esta representación ben chula.

HOW TO TURN YOUR BROTHER INTO A FROG


                                   
Conxuro preparado na clase de inglés polos alumn2s de 6º de primaria.

CANCIÓN "OS MONSTRIÑOS"

    
        
 Canción interpretada polos alumn@s de Infantil para a celebración do Samaín no colexio.

mércores, 30 de outubro de 2019

luns, 28 de outubro de 2019

OBRADOIRO/EXPOSICIÓN DE PALEONTOLOXÍA


                                
Aquí tedes o vídeo coas fotos do obradoiro ao que asistiron os nen@s de primaria no colexio. Foi moi interesante e divertido e serviranos como fase de motivación para aprender unha chea de cousas  co proxecto deste ano.

martes, 1 de outubro de 2019

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019-20

Neste novo curso que comeza aprenderemos unha chea de cousas sobre dinosaurios, fósiles, evolución das especies, animais prehistóricos, etc.
Benvid@s  ao novo curso escolar 2019-20.

venres, 21 de xuño de 2019

O RAP DE CASTELAO



Aquí tedes o rap feito polos alumn@s de 6º sobre a figura de Castelao. O traballo realizouse en colaboración entre o titor e a biblioteca e consistiu na creación das diferentes rimas para confeccionar o rap. Por último montamos o vídeo empregando o Chroma.

venres, 26 de abril de 2019

COMIC "AS ORIXES DO UNIVERSO" 5º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/as_orixes_do_universo
Aquí tedes o comic realizado polo alumnado de 5º de primaria en relación ao proxecto deste ano. O traballo consistiu en buscar a información necesaria e redactar un pequeno texto coa información obtida sobre os diferentes puntos que lle tocaron a cada parella. A continuación os alumn@s pasaron a plasmar ese texto nas diferentes viñetas nas que eles eran os protagonistas e por último puxemos todo en común para darlle forma ao noso comic.

martes, 23 de abril de 2019

LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 4º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/curiosidades_4_

Aquí tedes o libro creado polos alumn@s de 4º de primaria en relación á temática do proxecto deste ano. O traballo consistiu na busca de información de datos curiosos sobre o Universo. Despois os alumn@s plasmaron nun debuxo a curiosidade que escolleron. Por último, redactaron a súa curiosidade e empregaron a ferramenta BookCreator para crear as diferentes páxinas do noso libro.

venres, 12 de abril de 2019

POEMA "UNI-VERSO" 1º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/uni-verso

Aquí tedes o poema elaborado polo alumnado de 1º en relación ao proxecto, co que despois montamos este libro tan chulo que quedará na biblioteca para que todos o poidamos disfrutar.

martes, 9 de abril de 2019

LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 3º PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/curiosidades
Aquí tedes o libro creado polos alumn@s de 3º de primaria en relación á temática do proxecto deste ano. O traballo consistiu na busca de información de datos curiosos sobre o Universo. Despois os alumn@s plasmaron nun debuxo a curiosidade que escolleron. Por último, redactaron a súa curiosidade e empregaron a ferramenta BookCreator para crear as diferentes páxinas do noso libro.

martes, 2 de abril de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O outro día recibimos  no colexio á nai de Jorge, da clase de 4 anos. Nesta ocasión contounos un conto moi chulo sobre un ser extraterrestre moi especial, axudándose dunha maqueta do Sistema Solar que construiron en familia coa axuda do seu irmán David de 5º de primaria.






Dende a biblioteca agradecémoslle moito a súa visita e convidámola a volver cando queira!!!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

 Hoxe recibimos na biblioteca aos pais de África da clase de 4 anos. Nesta ocasión contáronnos un conto sobre o espacio que nos gustou moito.
 Despois do conto axudáronnos a cosntruir uns foguetes espaciais CHULÍSIMOS!!!









MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Hoxe os alumn@s de 2º de primaria recibimos a visita do pai de Antón. Nesta ocasión explicounos para que se usan as escalas e como se representan nun plano. Con esta información e aproveitando os planetas que pintaron os alumn@s de Infantil, pasamos a colocar os diferentes planetas ás correspondentes distancias con respecto ao Sol a escala.

 Pouco a pouco fomos medindo as distancias de cada planeta e colocándoos no corredor de acceso á biblioteca. Aquí tedes o resultado. Moitas grazas a David por dedicarnos o seu tempo!!!

mércores, 16 de xaneiro de 2019

NOITE DE ESTRELAS

A semana pasada celebramos no cole unha actividade en relación ao proxecto sobre o Universo. A esta actividade asistiron unha chea de alumn@s e familiares, algo que nos alegrou moito. Durante a tarde-noite do xoves asistimos a unha charla sobre o Sistema Solar na que aprendemos unha chea de cousas interesantes. 
Acontinuación pasamos a visitar om planetario móbil que tivemos durante uns días no colexio e por último saímos ao patio a ver a Lúa con diferentes telescopios mentres tomamos un chocolate quentiño, ademais de poder identificar diferentes constelacións e estrelas grazas ás explicacións de Bruno, a quén lle agradecemos a súa predispoción e colaboración.



Agradecemos a tod@s a súa asistencia, en especial ás familias que trouxeron os telescopios.