martes, 15 de marzo de 2022

VISITA ABRAHAM CARREIRO 6º PRIMARIA

 

O pasado venres os alumn@s de 6º de Primaria recibimos a visita de Abraham Carreiro. Despois de ler nas últimas semanas o seu libro "Xoeliki: Os ordenadores secuestrados", tivemos o pracer de recibilo na clase. Ensinounos unha chea de "trucos" e cousas interesantes sobre o mundo da ilustración, ademais de responder as preguntas que tiñamos preparadas para el. Por último fíxonos unha dedicatoria persoal en cada un dos nosos libros.