martes, 23 de xaneiro de 2018

"LA LECCIÓN DE RAQUEL".

https://issuu.com/spginet/docs/la_leccio__n_de_raquel_1_
Aquí tedes a banda deseñada elaborada por alumn@s de 5º de Primaria para traballar o tema do proxecto deste ano sobre emocións e convivencia. 
Por grupos pensaron nunha situación na que xurde un conflito, para finalmente solucionalo e sacar unha aprendizaxe positiva destas accións. Unha vez escollida a temática, elaboraron un guión gráfico no que figuraban as viñetas e localizacións para facer as fotos, para, por último, darlle forma a súa banda deseñada coa ferramenta Book Creator.
En breve iremos subindo as historias creadas por outros grupos de 4º, 5º e 6º de primaria.