mércores, 31 de outubro de 2012

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2012

Aquí tedes o vídeo coas fotos da celebración do Samaín na escola. Preme na imaxe e accede ao vídeo, no que poderás ver: o desfile de disfraces, a entrega de premios aos gañadores do concurso do Día do libro, a "merenda terrorífica", os relatos de terror creados polos alumn@s de Primaria, os contacontos, etc.
Dende o Equipo de Biblioteca agradecémoslle ás familias a súa colaboración!!!
Un saúdo.

RELATOS DE TERROR

Aquí tedes os relatos que prepararon para o Samaín os alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Preme na imaxe para ver as súas creacións.

venres, 26 de outubro de 2012

xoves, 25 de outubro de 2012

GAÑADORES DO CONCURSO

Aquí tedes aos gañadores do concurso de marcapáxinas realizado no Día da Biblioteca. 
Preme na imaxe para ver os gañadores.

DÍA DA BIBLIOTECA 2012


Aquí tedes un vídeo da conmemoración do Día da Biblioteca (24-10-2012), no que os alumn@s de Infantil e Primaria do CEIP Mallón realizaron unha actividade consistente en deseñar un marcapáxinas e crear un lema para a biblioteca.

xoves, 4 de outubro de 2012

CORREO DE TENTALIBRÍN

Recordámosvos que xa está en marcha o correo de Tentalibrín. Podedes deixarlle as vosas cartas e debuxos no buzón que se atopa no hall da entrada do colexio. Xa sabedes que a nosa mascota estará encantada de recibir e responder as cartas que lle enviades.
Un saúdo!!!

MALETA VIAXEIRA 3º CICLO

Hoxe comeza a súa xeira polos diferentes fogares a maleta viaxeira do 3º ciclo de primaria. Nela atoparedes un libro para os alumn@s, libros para pais/nais, un DVD e un cartafol no que as familias e alumn@s poderedes plasmar as vosas impresións, comentarios, suxerencias, debuxos, etc.
Aquí tedes a Borja de 5º curso, o primeiro en poder disfrutala!!!

luns, 1 de outubro de 2012

BRIGADA GLORIA FUERTES 2012-13

Aquí están os nov@s integrantes da BRIGADA GLORIA FUERTES. Eles serán os voluntari@s encargados de manter a biblioteca ordenada durante os recreos. Algúns repiten e outros se incorporan por primeira vez.
 Moitas grazas a tod@s por axudar a manter a biblioteca en orde!!!