Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO EXPLORADORES ESPACIAIS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO EXPLORADORES ESPACIAIS b>. Amosar todas as publicacións
luns, 29 de abril de 2019
venres, 26 de abril de 2019
COMIC "AS ORIXES DO UNIVERSO" 5º PRIMARIA
Aquí tedes o comic realizado polo alumnado de 5º de primaria en relación ao proxecto deste ano. O traballo consistiu en buscar a información necesaria e redactar un pequeno texto coa información obtida sobre os diferentes puntos que lle tocaron a cada parella. A continuación os alumn@s pasaron a plasmar ese texto nas diferentes viñetas nas que eles eran os protagonistas e por último puxemos todo en común para darlle forma ao noso comic.
martes, 23 de abril de 2019
LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 4º PRIMARIA
venres, 12 de abril de 2019
POEMA "UNI-VERSO" 1º PRIMARIA
Aquí tedes o poema elaborado polo alumnado de 1º en relación ao proxecto, co que despois montamos este libro tan chulo que quedará na biblioteca para que todos o poidamos disfrutar.
martes, 9 de abril de 2019
LIBRO "CURIOSIDADES DO UNIVERSO" 3º PRIMARIA
Aquí tedes o libro creado polos alumn@s de 3º de primaria en relación á temática do proxecto deste ano. O traballo consistiu na busca de información de datos curiosos sobre o Universo. Despois os alumn@s plasmaron nun debuxo a curiosidade que escolleron. Por último, redactaron a súa curiosidade e empregaron a ferramenta BookCreator para crear as diferentes páxinas do noso libro.
martes, 2 de abril de 2019
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...
O outro día recibimos no colexio á nai de Jorge, da clase de 4 anos. Nesta ocasión contounos un conto moi chulo sobre un ser extraterrestre moi especial, axudándose dunha maqueta do Sistema Solar que construiron en familia coa axuda do seu irmán David de 5º de primaria.
Dende a biblioteca agradecémoslle moito a súa visita e convidámola a volver cando queira!!!
xoves, 24 de xaneiro de 2019
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...
Hoxe recibimos na biblioteca aos pais de África da clase de 4 anos. Nesta ocasión contáronnos un conto sobre o espacio que nos gustou moito.
Despois do conto axudáronnos a cosntruir uns foguetes espaciais CHULÍSIMOS!!!
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!
mércores, 23 de xaneiro de 2019
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...
Hoxe os alumn@s de 2º de primaria recibimos a visita do pai de Antón. Nesta ocasión explicounos para que se usan as escalas e como se representan nun plano. Con esta información e aproveitando os planetas que pintaron os alumn@s de Infantil, pasamos a colocar os diferentes planetas ás correspondentes distancias con respecto ao Sol a escala.
Pouco a pouco fomos medindo as distancias de cada planeta e colocándoos no corredor de acceso á biblioteca. Aquí tedes o resultado. Moitas grazas a David por dedicarnos o seu tempo!!!
mércores, 16 de xaneiro de 2019
NOITE DE ESTRELAS
A semana pasada celebramos no cole unha actividade en relación ao proxecto sobre o Universo. A esta actividade asistiron unha chea de alumn@s e familiares, algo que nos alegrou moito. Durante a tarde-noite do xoves asistimos a unha charla sobre o Sistema Solar na que aprendemos unha chea de cousas interesantes.
Acontinuación pasamos a visitar om planetario móbil que tivemos durante uns días no colexio e por último saímos ao patio a ver a Lúa con diferentes telescopios mentres tomamos un chocolate quentiño, ademais de poder identificar diferentes constelacións e estrelas grazas ás explicacións de Bruno, a quén lle agradecemos a súa predispoción e colaboración.
Agradecemos a tod@s a súa asistencia, en especial ás familias que trouxeron os telescopios.
venres, 14 de setembro de 2018
BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2018-19
Neste novo curso que comeza aprenderemos unha chea de cousas acerca do espazo, planetas, etc.
Benvid@s ao novo curso escolar 2018-19.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)