mércores, 23 de xaneiro de 2019

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Hoxe os alumn@s de 2º de primaria recibimos a visita do pai de Antón. Nesta ocasión explicounos para que se usan as escalas e como se representan nun plano. Con esta información e aproveitando os planetas que pintaron os alumn@s de Infantil, pasamos a colocar os diferentes planetas ás correspondentes distancias con respecto ao Sol a escala.

 Pouco a pouco fomos medindo as distancias de cada planeta e colocándoos no corredor de acceso á biblioteca. Aquí tedes o resultado. Moitas grazas a David por dedicarnos o seu tempo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario