xoves, 30 de xaneiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado Martes recibimos na biblioteca a Ángeles, a nai de David de 6º de Infantil. Nesta ocasión contounos un conto que a tod@s nos gusta moito "A que sabe a Lúa".

 Tamén trouxo un mural cos personaxes do conto para poder ver o que pasaba na historia.
Para finalizar puidemos probar o sabor da Lúa cunha tarta moi rica coa que nos agasallou. 
Moitas grazas e ata a próxima!!!

martes, 21 de xaneiro de 2014

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe visitounos Silvia, a nai de Iago de 6º de Infantil. Con ela fixemos un percorrido polos diferentes continentes no que aprendimos cousas moi interesantes.
T

Tamén nos contou un conto moi chulo inspirado no continente africano, no que unha xirafa sorprendía aos outros animais amosándolles o ben que bailaba pese a que antes se reían dela porque era moi patosa. Ademais participamos na actividade colocando no mapamundi a diferentes personaxes dos contos e debuxos que mais nos gustan.
 Para rematar Iago entregoulle como agasallo a chapa da biblioteca e fixemos esta foto de grupo.
Moitas grazas polo teu tempo e ata a próxima!!!


luns, 13 de xaneiro de 2014

PÁXINA WEB DE FAIRY OAK

http://www.fairyoak.it/
Páxina web de Fairy Oak onde poderedes estar ao tanto das novidades, acceder a xogos, etc.
Preme na imaxe.