Hoxe visitounos Silvia, a nai de Iago de 6º de Infantil. Con ela fixemos un percorrido polos diferentes continentes no que aprendimos cousas moi interesantes.
Tamén nos contou un conto moi chulo inspirado no continente africano, no que unha xirafa sorprendía aos outros animais amosándolles o ben que bailaba pese a que antes se reían dela porque era moi patosa. Ademais participamos na actividade colocando no mapamundi a diferentes personaxes dos contos e debuxos que mais nos gustan.
Para rematar Iago entregoulle como agasallo a chapa da biblioteca e fixemos esta foto de grupo.
Moitas grazas polo teu tempo e ata a próxima!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario