sábado, 22 de xuño de 2013

OBRADOIRO CON JUMPING CLAY

Con motivo da celebración do fin de curso,  recibimos no colexio a Susana, monitora de Jumping Clay e participamos nun obradoiro no que fixemos imáns para a neveira inspirados en Tentalibrín, a mascota da biblioteca.
Neste obradoiro tivemos a oportunidade de coñecer este novo material cheo de posibilidades para traballar cos cativ@s.
Cada alumn@ fixo o seu imán coa nosa mascota e todos quedaron moi contentos.
Preme nesta imaxe para informarte sobre este material.

REVISTA ESCOLAR curso 2012-2013

Xa está aquí a revista escolar do curso 2012-13 en formato dixital. Preme na imaxe para acceder.

xoves, 13 de xuño de 2013

O COELLO MOISÉS

Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio. Estivemos na biblioteca con Lucía, a nai de Talía de 1º e Aarón de 5º. Os alumn@s de Infantil e do 1º ciclo de Primaria  disfrutamos dunha sesión de contacontos na que tamén puidemos aprender cousas moi interesantes sobre a alimentación, en concreto coa agricultura ecolóxica.
O conto foi moi divertido e interesante e puidemos aprender un montón de cousas sobre o dano que poden facer os pesticidas e fertilizantes químicos nos ecosistemas e na Natureza.

Lucía tamén nos contou algúns segredos sobre remedios naturais para combatir algunhas plagas. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre os vexetais e as hortalizas. Para rematar houbo unha quenda de preguntas onde Lucía nos resolveu algunhas dúbidas que tiñamos.
Moitas grazas a Lucía e ata a próxima!!!
Agradecementos especiais ás autoras do conto: Yara Blanco, Beatriz Camino, Laura Groba e María López.

martes, 11 de xuño de 2013

TEATRO 2º DE PRIMARIA


O pasado luns día 10 de maio, os alumn@s representaron a obra teatral "La otra historia de Caperucita Roja" de José Luis Marqués.



Os cativ@s puxeron en escena esta obra que prepararon durante estes últimos meses de colexio dirixidos polo seu titor e coa axuda de diferentes familiares dos nen@s, que colaboraron na confección dos decorados, nos ensaios, maquillaxe, etc.










Estes pequenos actores e actrices tiveron a oportunidade de amosarlle ao resto de alumn@s do colexio o ben que o sabían facer.


Polo que se ve gustoulles moito e non perderon nin un detalle do que acontecía no escenario.
A representación foi todo un éxito e o público quedou moi contento coa representación destes pequenos artistas.

Para rematar, todo o reparto saludou ao público como se merece.