xoves, 13 de xuño de 2013

O COELLO MOISÉS

Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio. Estivemos na biblioteca con Lucía, a nai de Talía de 1º e Aarón de 5º. Os alumn@s de Infantil e do 1º ciclo de Primaria  disfrutamos dunha sesión de contacontos na que tamén puidemos aprender cousas moi interesantes sobre a alimentación, en concreto coa agricultura ecolóxica.
O conto foi moi divertido e interesante e puidemos aprender un montón de cousas sobre o dano que poden facer os pesticidas e fertilizantes químicos nos ecosistemas e na Natureza.

Lucía tamén nos contou algúns segredos sobre remedios naturais para combatir algunhas plagas. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre os vexetais e as hortalizas. Para rematar houbo unha quenda de preguntas onde Lucía nos resolveu algunhas dúbidas que tiñamos.
Moitas grazas a Lucía e ata a próxima!!!
Agradecementos especiais ás autoras do conto: Yara Blanco, Beatriz Camino, Laura Groba e María López.

Ningún comentario:

Publicar un comentario