luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012


Hoxe é 23 de Abril, Día do libro, e para celebralo os maiores do cole contáronlle contos no patio aos máis pequenos. Aquí tedes as fotos...

xoves, 19 de abril de 2012

25 ANIVERSARIO

Este curso celebramos o 25 ANIVERSARIO do colexio, polo que levamos feitas diferentes cousas como: un álbum de cromos do cole, un libro de experiencias das familias, fixemos unha tarta de lambetadas para Tentalibrín, etc.  Pero o millor aínda está por chegar o vindeiro sábado ás 11:00 da mañá, xa que temos preparada unha ¡¡¡GRAN FESTA!!! na que haberá antigos profes e alumnos, familiares, tortillas e empanadas, un musical dos anos 80 e incluso gaiteiros. Seguro que o pasaremos xenial...