xoves, 31 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Os alumn@s de 1º recibimos na biblioteca á nai de Xuán. Nesta ocasión preparounos un obradoiro sobre como facer un libro.

Foi unha actividade moi interseante e gustounos moito. Ao final cada un de nós levamos o noso libro para casa para poder escribir historias e contos creados por nós.


Moitas grazas e ata o ano que ven!!!

martes, 29 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

Hoxe recibimos na biblioteca á familia de África de 3 anos.
Preparáronnos dous contacontos destes dous libros e gustáronnos moito.
Para rematar fixemos un debuxo da protagonista do segundo conto. Pasámolo moi ben!!! Moitas grazas e ata a próxima!!!