luns, 30 de xaneiro de 2012

RELATOS 6º


Como xa sabedes, este ano no cole estamos a traballar nun proxecto sobre os deportes. Aos alumnos de 6º de Primaria tocoulles a natación sincronizada e xa aprenderon moitas cousas novas sobre este deporte!!! Como xa son case uns expertos ata se animan a inventar pequenas historias nas que os protagonistas practican este deporte. Preme na imaxe e poderás ler os seus relatos.

sábado, 21 de xaneiro de 2012

COMENTARIOS

Xa podes deixar os teus comentarios no blogue da biblioteca. Podes facelo premendo debaixo de cada entrada, no apartado "comentarios". Segue os pasos que se indican e o teu comentario será publicado despois de que o aprobemos dende a nosa conta.