mércores, 27 de abril de 2022

EXPOSICIÓN NUBES DE PALABRAS

Con motivo da celebración do Día do Libro, dende a biblioteca organizamos unha exposición de nubes de palabras relacionadas co coidado do medio ambiente, a biodiversidade, respecto pola flora e a fauna, etc. Aquí tedes unha pequena mostra do fabuloso traballo dos nen@s de Mallón.

DÍA DO LIBRO 2022

 

Con motivo da celebración do Día do Libro confeccionamos entre tod@s un mural no que cada alumn@ plasmou o que significaban a lectura ou os libros para eles.



venres, 8 de abril de 2022

VISITA DE CONCHA BLANCO A 3º E 4º DE PRIMARIA


O pasado luns, @s alumn@s de 3º e 4º recibimos no colexio á gran Concha Blanco. Falounos dos seus dous libros:


Falamos de libros, escritoras, igualdade, poesía e ata houbo algunha bonita sorpresa.