venres, 21 de decembro de 2012

NADAL 2012

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Mallón queremos desexarvos que pasedes un BO NADAL e un FELIZ ANINOVO, intentando estar sempre acompañados dunhas boas lecturas.
Recordámosvos que tedes todas as fotos da celebración do Nadal na páxina web do colexio.
Vémonos á volta das vacacións con moitas novidades e algunha que outra sorpresa!!!

venres, 14 de decembro de 2012

OBRADOIRO DE TÍTERES


Os alumn@s do 3º ciclo de Primaria estamos a preparar unha obra de teatro con títeres para o festival de Nadal. Como este ano estamos a traballar nun proxecto sobre a alimentación, a obra escollida foi "O xuízo dos alimentos nos recreos". Cada un de nós fixo o seu propio monicreque.
En breve subiremos ao blogue a obra completa para que poidades disfrutar dela. Mentres tanto agrdamos que vos gusten os personaxes que confeccionamos na biblioteca.
Preme na imaxe para ve-lo vídeo.