mércores, 8 de marzo de 2017

VISITA A APÍPOLIS


APÍPOLIS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 Aquí tedes o vídeo coas fotos da visita a Apípolis dos alumn@s de Infantil e 1º e 2º de primaria. Nesta visita puidemos converternos en apicultores por unhas horas e aprendimos unha chea de cousas sobre as abellas.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Hoxe visitounos Silvia, anai de Iago de 3º de primaria. Nesta ocasión preparounos unha actividade relacionada co Día da Muller Traballadora. Por grupos tivemos que cubrir unhas fichas nas que aparecían fotos de mulleres famosas. Nas fichas aparecían preguntas sobre a súa profesión, se tivera fillos, en que época viviu, a que se dedicaba, etc., e os alumn@s tiñamos que reponder ás preguntas sen ningunha información previa, polo que tivemos que axudarnos das fotos e do que pensabamos.
Despois pasounos outras fichas con datos sobre esas mulleres famosas para que contrastáramos a información e ver se adiviñaramos algunha das respostas.
Para rematar, os diferentes grupos expuxemos o que aprendimos aos nosos compañeir@s.


martes, 7 de marzo de 2017

PASAPORTE DE EXPERTO EN ANIMAIS DO MUNDO

Esta semana puxemos en marcha unha nova iniciativa dende a biblioteca. Nesta ocasión os alumn@s que así o desexen poderán participar nun concurso para conseguir o seu Pasaporte de experto en animais do mundo.
Os participantes deberán buscar información en diferentes soportes para cubrir as fichas que lles envía Tentalibrín, a mascota da biblioteca. Con cada ficha que completen conseguirán un selo e cando teñan un total de cinco recibirán o seu pasaporte de experto ademais dun pequeno agasallo relacionado co proxecto.

ANIMAIS DO MUNDO

Nos útlimos meses estivemos a traballar cos diferentes cursos na biblioteca sobre os diferentes animais do mundo. No recibidor do colexio están uns grandes mapas dos continentes nos que cada alumno pegou o debuxo dun animal.

Cada alumno fixo tamén un pequeno traballo de investigación nos libros e na rede sobre o animal que escolleu e despois fixeron unha ficha cos datos dese animal.

RECUNCHO PARA AS FAMILIAS

Dende o inicio de curso xa está a funcionar o "Recuncho para as familias", no que hai unha escolma de libros relacionados co proxecto deste ano sobre "Animais do mundo".

MURAL ANIMAIS

Aquí tedes o bonito mural que fixeron os alumn@s de 1º. Confeccionaron diferentes animais do mundo con pratos de papel e despois completaron unha pequena ficha de cada un deles buscando información.
Noraboa polo voso traballo!!!