mércores, 24 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Os alumn@s de 1º de Primaria recibimos a visita da nai de Elsa. Nesta ocasió contounos unha chea de cousas sobre os planetas e o Sistema Solar.



Para rematar construímos uns telescopios para ver como son as diferentes constelacións sen ter que mirar o ceo pola noite. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.


domingo, 14 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...




Os alumn@s de 3 anos recibimos a visita de Vanesa, a nai de Martín. Nesta ocasión contounos dous contos do autor Eric Carle, "La pequeña oruga glotona" e "La araña hacendosa".
Aprendimos unha chea de cousas sobre as orugas e as bolboretas e para rematar decoramos unhas bolboretas de cartulina que quedaron chulísimas.
 
 

xoves, 4 de xuño de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Os alumn@s de 3 anos recibimos hoxe unha visita na biblioteca. Visitounos Silvia, a nai de Antón, que nos contou tres contos; un en galego, outro en castelán e outro en inglés. Pasámolo moi ben e estivemos moi atentos.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


O mércores visitounos Miriam, a nai de Antón de 1º. Nesta ocasión contounos un conto sobre o millo e o proceso para facer pan.
Amosounos os grans de millo, a fariña e ata trouxo unhas bolas de pan de millo recén feitas que estaban boísimas!!!
Para rematar fixemos debuxos das espigas coas súas partes, do muíño e da bola de pan.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Durante esta semana seguimos a recibir visitas na biblioteca. Nesta ocasión tocoulle a Marta, a nai de Leticia de 2º. Contounos un pequeno conto no que tiñamos que descifrar pequenos enigmas e despois participamos nun xogo de palabras.