martes, 30 de maio de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

Hoxe visitounos na hora de biblioteca a nai de Xuán, da clase de 5 anos. Nesta ocasión explicounos unha técnica moi antiga coa que se decoraban as portadas dos libros, o marbling.

Cada un de nós fixo a súa propia creación e quedaron chulísimas!!!


Para rematar xogamos a un xogo de adiviñas a través de debuxos e pasámolo xenial!!!
Moitas grazas pola túa visita e ata a próxima...

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada visitounos Ana, a nai de Martina da clase de 4 anos. Contounos dúas pequenas historias axudada dun pequeno teatriño e, por suposto, da súa filla.
 Tamén nos contou o conto de "Todos hacemos pipí", que nos gustou moito e fíxonos moita gracia.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

mércores, 10 de maio de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Onte recibimos na biblioteca a visita de Luján, a nai de Imanol da clase de 5 anos, que nos contou o conto "El grúfalo".
Despois trouxonos unhas fichas para que coloreáramos ao Grúfalo igual que o describían no conto ou como mais nos gustase.
 
A sesión de contacontos encantounos e agardamos que a nai de Imanol volva algún día a contarnos outro conto.

martes, 2 de maio de 2017

FESTIVAL SEMANA DO LIBRO

Como todos os anos celebramos diferentes actividades para conmemorar a Semana do Libro. Unha delas é o festival no que cada curso expón ou pon en escena as actividades que prepararon na biblioteca nas últimas semanas.

Os cativ@s de Infantil fixeron un vídeo onde amosaban os marcapáxinas de animais que elaboraron para a ocasión. Os de 1º e 2º de Primaria confeccionaron un libro con nubes de palabras, mentres que os de 3º adaptaron o conto "Un becho extraño" e contáronllo aos compañeir@s.
Os nen@s de 4º fixeron un libro de versos encadenados sobre animais, mentres que os de 5º prepararon un contacontos cun teatro de sombras sobre o conto "Feroz, o lobo".

Por último, os alumn@s de 6º curso prepararon diferentes versos sobre animais que despois lles recitaron aos compañeiros.