domingo, 4 de novembro de 2018

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS


Representación teatral dos alumn@s de 6º de primaria do conto "A figueira de Pelostortos" preparada para a celebración do festival de Samaín no colexio.

venres, 2 de novembro de 2018

FESTIVAL SAMAÍN 2018


Vídeo resumo do festival do Samaín organizado polo Equipo de Biblioteca, no que houbo cancións, bailes, adiviñas, teatro, rimas, etc.

venres, 14 de setembro de 2018

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2018-19

Neste novo curso que comeza aprenderemos unha chea de cousas acerca do espazo, planetas, etc.
Benvid@s  ao novo curso escolar 2018-19.

xoves, 5 de xullo de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...


A nai de Martín e Elsa preparounos un picnic lector no que puidemos disfrutar coa lectura de contos, unha rica merenda e o contacto coa natureza.


xoves, 31 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Os alumn@s de 1º recibimos na biblioteca á nai de Xuán. Nesta ocasión preparounos un obradoiro sobre como facer un libro.

Foi unha actividade moi interseante e gustounos moito. Ao final cada un de nós levamos o noso libro para casa para poder escribir historias e contos creados por nós.


Moitas grazas e ata o ano que ven!!!

martes, 29 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

Hoxe recibimos na biblioteca á familia de África de 3 anos.
Preparáronnos dous contacontos destes dous libros e gustáronnos moito.
Para rematar fixemos un debuxo da protagonista do segundo conto. Pasámolo moi ben!!! Moitas grazas e ata a próxima!!!

venres, 23 de febreiro de 2018

PANEIS INFORMATIVOS SOBRE NORMAS DE CONVIVENCIA NO CENTRO

https://issuu.com/spginet/docs/libro_nuevo
Aquí tedes os paneis informativos elaborados polo alumnado de 3º de Primaria na hora semanal de biblioteca sobre respecto e normas de convivencia e as emocións e estados de ánimo derivados das nosas accións.

martes, 23 de xaneiro de 2018

"LA LECCIÓN DE RAQUEL".

https://issuu.com/spginet/docs/la_leccio__n_de_raquel_1_
Aquí tedes a banda deseñada elaborada por alumn@s de 5º de Primaria para traballar o tema do proxecto deste ano sobre emocións e convivencia. 
Por grupos pensaron nunha situación na que xurde un conflito, para finalmente solucionalo e sacar unha aprendizaxe positiva destas accións. Unha vez escollida a temática, elaboraron un guión gráfico no que figuraban as viñetas e localizacións para facer as fotos, para, por último, darlle forma a súa banda deseñada coa ferramenta Book Creator.
En breve iremos subindo as historias creadas por outros grupos de 4º, 5º e 6º de primaria.