xoves, 19 de decembro de 2013

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

 Na biblioteca seguimos a recibir visitas. Este vez foi o turno de Yolanda, a nai de Anxo Silva de 1º de Primaria.
Contounos un conto sobre valores titulado "O pobre e o rico" e despois agasallounos cunhas lambetadas.
Nós tamén lle fixemos un agasallo da biblioteca e quedou moi contenta.
Para rematar fixemos uns debuxiños sobre o conto e, como aínda estamos aprendendo a escribir, escribimos o título do conto.

Dámoslle as grazas a Yolanda e convidámola a volver sempre que queira a nosa biblio.

sábado, 14 de decembro de 2013

PROGRAMA DE NADAL

Aquí tedes o programa do festival de Nadal, no que non faltarán contacontos, rimas, panxoliñas, teatro, cancións, etc.

xoves, 5 de decembro de 2013

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe visitounos Élodie, a nai de Maya de 1º de Primaria. Contounos o conto do "Traxe novo do emperador" en francés, ao tempo que o profe Sergio iba traducindo. Ao final regalámoslle unha chapa da biblioteca.
 Moitas grazas por compartir este momento con nós!!!

venres, 29 de novembro de 2013

TRABALLOS SOBRE PERSONAXES DE ASTÉRIX

https://skydrive.live.com/redir?resid=4C64A2C5C08B7431%21215
Aquí tedes os primeiros traballos que elaboraron os nos@s alumn@s sobre o proxecto de Astérix e Obélix e as civilizacións antigas. Trátase de pequenos traballos de investigación sobre diversos personaxes que aparecen  nos cómics de Astérix. Os cativ@s buscaron información en internet sobre cada personaxe e elaboraron unha pequena descrición de cada un deles.
Aquí tedes os resultados!!! Preme na imaxe para acceder.

mércores, 27 de novembro de 2013

A MÁQUINA DO TEMPO

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/maquina_tiempo/popup.htm
Con este recurso poderás aprender moitas cousas sobre as civilizacións máis importantes ao longo da historia. Recorrerás culturas como: o antigo Exipto, Roma, Grecia, etc., e aprenderás cousas moi intersantes sobre a sociedade, inventos, descubrimentos, etc.
Preme na imaxe para xogar.

martes, 26 de novembro de 2013

RECURSOS SOBRE A CIVILIZACIÓN ROMANA

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cono_4EP_ud15_civromana/frame_prim.swf


Preme nas diferentes imaxes para acceder ás diferentes actividades sobre a civilización romana e todo o relacionado co Imperio Romano.


http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_cas_ud13_civilizacion_romana/frame_prim.swf


Con estes recursos poderás aprender unha chea de cousas sobre Roma, a súa cultura, por onde se extendeu o Imperio Romano, como estaba dividida a sociedade romana, quen fundou a cidade, etc,



http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_cono_ud11_socromana/frame_prim.swf





mércores, 20 de novembro de 2013

CORREO DE TENTALIBRÍN

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22013112017470
Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, o correo de Tentalibrín segue a ser unha ferramenta fundamental para que os nen@s se animen a escribir pola súa conta. Así pois, durante este curso manteremos este recurso que tanto resultado nos leva dado dende que o comezamos a utilizar hai dous cursos.
http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22013112017480
Cada día os cativ@s nos sorprenden coas súas cartas, nas que comentan cousas súas, sobre como se atopan, as súas inquedanzas, plans para as vacacións, como o pasaron nas diferentes celebracións do colexio, etc., ata escriben contos que lle envían a Tentalibrín.

Preme nas imaxes para ver algunhas das cartas que levamos recibido dende o inicio deste curso.

luns, 18 de novembro de 2013

venres, 15 de novembro de 2013

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe comezamos na biblioteca unha nova andaina na que imos contar cos pais e nais que se presentaron voluntarios ao comezo do curso para colaborar coa biblioteca.
Na biblioteca seguimos a introducir novidades e desta vez trátase de agasallar aos cativos coa presenza dos seus familiares na bibloteca. Nesta ocasión visitounos María, a nai de Lucía de 6º de Infantil. Contounos o conto do "Señor Ramón e a Señora Ramona",gustounos moito e pasámolo moi ben.
http://issuu.com/spginet/docs/nai_de_luc__a
Para rematar fixemos uns debuxiños relacionados co conto. Dende o Equipo de biblioteca dámoslle as grazas a María pola súa colaboración e invitámola a que volva sempre que queira.
Preme na imaxe para ver todos os debuxos.


CONTACONTOS EN INGLÉS "TROUBLE IN THE JUNGLE"

O pasado xoves os alumn@s de Primaria do CEIP Mallón asistimos a unha sesión de contacontos en inglés titulada "Trouble in the jungle".
Pasámolo moi ben e participamos no conto poñendo en práctica o vocabulario e as cancións que traballamos co profe de inglés durante as semanas anteriores.

mércores, 13 de novembro de 2013

TRIVIAL ASTÉRIX E OBÉLIX

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Mallón elaboramos un xogo de preguntas tipo trivial de Astérix e Obélix. Tivo unha gran acollida entre os cativos e agardamos que poidan aprender moitas cousas relacionadas co proxecto deste ano ao mesmo tempo que se divirten.

Podes descargar os arquivos listos para imprimir na seguinte ligazón:

mércores, 30 de outubro de 2013

CANCIÓN "O SAMAÍN" DE PACO NOGUEIRAS

   

Os alumn@s do 2º e 3º ciclo de Primaria interpretaron a canción do Samaín de Paco Nogueiras.

O ROCK DO SAMAÍN


 Aquí tedes a canción que interpretaron os alumn@s de Infantil e 1º ciclo de Primaria polo Samaín.

FESTA DO SAMAÍN

  

Outro ano máis celebramos o Samaín no colexio e o equipo de biblioteca estivo moi presente á hora de organizar moitas das actividades que se celebraron este día.
Para esta celebración decoramos a biblioteca como se merece e organizamos unha sesión de contacontos  para Infantil e 1º ciclo de Primaria a cargo da profe Vero.



Tampouco faltou a merenda terrorífica con que nos agasallaron as familias, demostrando que son uns verdadeiros artistas. Estaba todo boísimo!!!




Tamén houbo o tradicional concurso de cabazas no que os alumn@s escolleron a que máis lle gustaba e escribiron os motivos da súa elección. Ata había una cabaza caracterizada de Obélix!!!








Tamén houbo tempo para a música e os cativos representaron dúas cancións sobre o Samaín que prepararon co profe Jandro.


Por último os alumnos do 2º e 3º cilo de Primaria expuxeron as rimas e conxuros que elaboraron as semanas anteriores na hora semanal de biblioteca.


Como non podía ser doutro xeito, a nosa mascota Tentalibrín tamén estivo connosco, desta vez disfrazado de pantasma.


Podes visitar a páxina web do colexio para ver todas as fotos.



CONXUROS 5º PRIMARIA

https://skydrive.live.com/redir?resid=4C64A2C5C08B7431!214 

Aquí tedes os conxuros que elaboraron os alumn@s de 5º de primaria.
Preme na imaxe para ver o resto.


martes, 29 de outubro de 2013

CONXUROS 6º PRIMARIA

Os alumn@s de 6º de primaria elaboraron para o Samaín diferentes conxuros para facer encantamentos. Aquí os tedes.
Preme na imaxe para ver os seus traballos.

luns, 28 de outubro de 2013

RIMAS 3º PRIMARIA



              Os alumn@s de 3º tamén fixeron rimas para o Samaín. Aquí tedes as súas creacións.
Preme na imaxe para ve-los seus traballos.

venres, 25 de outubro de 2013

RIMAS 4º PRIMARIA

Aquí tedes as rimas que fixeron os alumn@s de 4º para o Samaín. O obxectivo da actividade era crear unha pequena rima na que apareceran as palabras Samaín e Tentalibrín.
Preme na imaxe para ver tódalas rimas.

CANCIÓN DO SAMAÍN


Os alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria estamos a traballar esta canción para interpretala o día do Samaín.

Fonte: Paco Nogueiras

xoves, 24 de outubro de 2013

ASTÉRIX E OS PICTOS

 
Hoxe sae á venda un novo libro de Astérix e Obélix, trátase do ábum "Astérix e os Pictos". Nesta ocasión os irreductibles galos viaxan ata Escocia para vivir novas aventuras.
Preme na imaxe para visitar a web oficial de Astérix.

luns, 14 de outubro de 2013

SAMAÍN 2013

Dentro dun par de semanas celebramos o Samaín, esa festa terrorífica que tanto vos gusta. Dende a biblioteca estamos a preparar diferentes actividades para celebrar este día: rimas, conxuros, decoración para a biblioteca, etc.
Estade atentos que pronto colgaremos os diferentes traballos que vaiamos facendo.

mércores, 2 de outubro de 2013

DICIONARIO DE ASTÉRIX

Neste espazo poderás atopar toda a información que precisas sobre a multitude de personaxes que aparecen nos comics de Astérix.
Preme na imaxe para acceder ao dicionario.

Fonte: Blogue de Alfredo Sánchez e Javier Morales

martes, 1 de outubro de 2013

BRIGADA GLORIA FUERTES 2013-14

Dende hoxe xa contamos cos voluntarios de biblioteca de 5º e 6º de Primaria. Estes pequenos expertos axudarannos a manter a biblioteca en orde durante os recreos. A súa labor é moi importante, xa que ademais de manter os libros ordenados tamén aprenden cousas moi importantes sobre o funcionamento da nosa biblioteca.
Moitas grazas polo voso traballo e moito ánimo!!!

mércores, 25 de setembro de 2013

XOGO DE ASTÉRIX "A COPA DE CAMPEÓNS "

Con este xogo poderás coñecer a moitos personaxes que aparecen nos cómics de Astérix.
 Preme na imaxe e escolle xogadores para o teu equipo.

mércores, 11 de setembro de 2013

BENVID@S AO NOVO CURSO 2013-14

Hoxe comeza un novo curso e dende a Biblioteca Escolar Gloria Fuertes do CEIP Mallón queremos darvos a benvida a este curso 2013-14. Este ano imos traballar nun proxecto sobre estes dous amigos que nos transportarán ao seu fantástico mundo e cos que poderemos aprender moitas cousas sobre Galos, Romanos e demais culturas antigas.
Benvid@s e ata pronto!!!

sábado, 22 de xuño de 2013

OBRADOIRO CON JUMPING CLAY

Con motivo da celebración do fin de curso,  recibimos no colexio a Susana, monitora de Jumping Clay e participamos nun obradoiro no que fixemos imáns para a neveira inspirados en Tentalibrín, a mascota da biblioteca.
Neste obradoiro tivemos a oportunidade de coñecer este novo material cheo de posibilidades para traballar cos cativ@s.
Cada alumn@ fixo o seu imán coa nosa mascota e todos quedaron moi contentos.
Preme nesta imaxe para informarte sobre este material.