mércores, 27 de outubro de 2021

A árbore da esperanza - Día das bibliotecas escolares 2021

 

Con motivo do 24-O, Día das bibliotecas escolares, elaboramos un mural relacionado co proxecto deste ano entre todo o centro.

Así pois, o alumnado de Infantil representou as raíces desta árbore da esperanza estampando as súas mans, 1º e 2º as follas, 3º e 4º as flores e 5º e 6º os froitos, decorando as súas creacións cunhas palabras e mensaxes fermosas en favor do medio ambiente.

mércores, 22 de setembro de 2021

Benvid@s ao novo curso escolar 2021-22


Benvid@s ao novo curso 2021-22. O novo, aínda que xa coñecido Equipo de Biblioteca, está de volta!!! Este ano formaremos parte del: Natalia (coordinadora), Graciela, Josefa e Sergio.

 A nosa principal premisa seguirá a ser a de potenciar o pracer pola lectura entre as nosas familias e alumnado a través de diferentes actividades de animación á lectura, ademais de seguir apostando polas iniciativas que fomentan  e desenvolven o tratamento da información como son os Proxectos Documentais Integrados.

Durante este curso traballaremos nun proxecto a nivel de centro que xirará arredor do respecto polo medio ambiente, así que estade atentos porque pronto teredes unha chea de propostas e sorpresas coas que seguir aprendendo mentres nos divertimos.

luns, 26 de abril de 2021

Voluntariado de lectura -A

 Este ano a biblioteca do CEIP Mallón inscribiuse no programa de bibliotecas escolares solidarias , integrado no PLAN LÍA ( Lectura , Información e Aprendizaxe ) de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Universidade . 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria que se presentou voluntario para participar como colaborador/a da biblioteca, asinou un compromiso personal e unha autorización familiar para asistir un día á semana , no tempo de lectura, á biblioteca para colaborar como voluntario/a.

En total beneficiáronse de esta actividade 30 alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.

Tamén se beneficiaron o resto de alumnado do centro que puideron disfrutar dos contos , teatros e recomendación levadas a cabo por estos voluntarios .

 As actividades que fixemos ata o día de hoxe foron: 

ACTIVIDADES

O alumnado recibiu  INFORMACIÓN E FORMACIÓN SOBRE O USO E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA . Case a totalidade dos voluntarios descoñecían como se ordenaban os libros, que significaban as distintas cores e a CDU dos libros, donde estaban as distintas categorías ...

Este ano por protocolo COVID as aulas teñen ,ademais da biblioteca de aula, unha caixa con libros da biblioteca para o servizo de préstamo .  Este cambio provocou algún que outro descontrol , polo que o alumnado voluntario tivo que ordenar en varias ocasións, as montañas de libros que aparecían enriba das mesas.

Tamén aprenderon a rexistrar eles mesmos os libros que levaban .



 ( alumnado recollendo libros ( deixados pola coordinadora )
 para colocalos no sitio correspondente ).



ACTIVIDADES DE COHESIÓN DE GRUPO.

· Conta os teus gustos literarios

· Que libros che gustaría que tivera a biblioteca do cole?

· Que actividades che gustaría facer ?

 



 

CONTACONTOS - TEATRILLOS

 

Formaron entre eles grupos de 2 - 3 persoas e escolleron de entre os libros presentes na biblioteca os contos que  lerían ou representarían ao resto de alumnado do centro.

 

A continuación  os grupos presentaron os contos escollidos e entre todos deron ideas de como sería a mellor forma de contalo ( lelo, representalo con títeres, luz negra, mural… ) eles decidiron o que lle apetecía facer e coa axuda da coordinadora da biblioteca  preparárono en horas non lectivas. Ensaiaron en varias sesións  na biblio e representárono a algunhas aulas.

O protocolo COVID  dificultou moito esta actividade e quedaron algúns cursos sen  visitar, a espera de que o clima permita realizalos no exterior. O COVID complicou bastante esta actividade.

Representáronse en infantil, 2º , 5º e 6º de primaria.

 

En algunha ocasión se realizou no centro unha actividade de contar a outras aulas, pero sempre coma actividade dirixida polo titor/a e soamente de lectura. Nesta ocasión foron eles os que organizaron a actividade e engadiron outras actividades coma luz negra, teatro de títeres e material elaborado por eles.

Tamén gravaron os contos para subilos á web e  compartilos co resto da comunidade educativa.

 














RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

Fixeron murais que colgaron na biblioteca , de recomendación lectoras para o resto de alumnado 









 GRAVACIÓN DE CONTOS.

Os contos que se utilizaron para esta actividade foron:

· Monstruo Rosa. Olga de Dios. Apila

· A que sabe a lúa. Michael Grejniec. Kalandraka.

· A mellor sopa do mundo. Susanna Isern. OQO

· Bágoas debaixo da cama. Ana Meilán. Entre Nubes y Cuentos.

· O coelliño branco. Xosé Ballesteros. Kalandraka

· As rabietas de Simón. Ian de Haes. Tramuntana

· Monstruosa sorpresa. Édouard Manceau. Cubilete

· Rana de tres ojos. Olga de Dios. Apila

· Orellas de bolboreta. Luisa Aguilar. Kalandraka

· Todos menos uno. Érik Battut. Libros del Zorro Rojo.

 

 


CONTO : AS RABIETAS DE SIMÓN

PRESENTACIÓN EQUIPO DO COELLIÑO BRANCO



CONTO : O COELLIÑO BRANCO



CONTO : A MELLOR SOPA DO MUNDO


CONTO : A QUE SABE A LÚA?


CONTO : BÁGOAS DEBAIXO DA CAMA


CONTO : MONSTRUOSA SORPRESA


CONTO : MONSTRUO ROSA




 BOOKTUBERS

Creouse un grupo de voluntarios que gravan vídeos falando sobre libros.





 













mércores, 21 de abril de 2021

CANDELORIA

 


PINCHA PARA VER EL VÍDEO


RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Este nadal a biblioteca de mallón regaloulle a cada neno/a un marcapáxinas con recomendacións lectoras e co calendario do ano 2021.




luns, 1 de marzo de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                                     DÍA CONTRA A VIOLENCIA  DE XÉNERO

Dende a biblioteca escollemos estes tres libros para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Unha vez traballado nas aulas, fixeron unha representación gráfica do conto nun trozo de cartulina . con todos os trozos de cartulina montamos a silueta dunha gran muller `` Maruxa ´´ .

INFANTIL

O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.

1º,2º,3º E. PRIMARIA

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).

«O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.
Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico».
O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.

MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres.
No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.
Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

4º,5º,6º E. PRIMARIA

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.






25 de Novembro de 2020. Día contra a violencia de xénero. 

Equipo de biblioteca


SAMAÍN

 O EQUIPO DA BIBLIOTECA ELABOROU UN PHOTOCALL PARA QUE TODO O ALUMNADO FAGA UNHAS TERRORÍFICAS FOTOS DE RECORDO DO SAMAÍN 2020.






DÍA DAS BIBLIOTECAS

                                 DÍA DAS BIBLIOTECAS


Este ano, para celebrar o día das bibliotecas escolares, fixemos unha exposición na nosa biblioteca escolar co título : BIBLIOTECAS CURIOSAS .

Os nenos e nenas puideron ver a cantidade  tan vairada de espazos que atopamos polo mundo, cada cual máis especial, bonito e curioso , adicado á lectura.

Na semana do 24 de outubro, os diferentes cursos do centro visitaron a biblioteca e votaron a aquela que  lle gustaba máis. 

O resultado ? ó final do vídeo.

 Pica na imaxe para ver o vídeo



xoves, 18 de febreiro de 2021

DIA DAS ESCRITORAS


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...


No ceip Mallón decidimos facer unha exposición de libros escritos por mulleres. os alumnos/as do centro tiñan que adiviñar o que tiñan en común todos aqueles libros.

Deixaron todo tipo de hipóteses : todos serven para leer, teñen letras, teñen debuxos, cores... Tamén houbo quen adiviñou, non sen algúnha pequena pista.

Todas as hipóteses foron fantásticas!



PINCHA AQUÍ PARA LEER UNHA RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

CAIXAS DE BIBLIOTECA DE AULA

  O protocolo Covid-19  da Xunta establece que as bibliotecas teñen que preparar unhas caixas con libros para cada aula.

Aquí están as nosas! quedaron moi feitiñas e o que é máis importante, Están cheas de fermosos libros. 


`` La lectura debe ser una de las formas de la felicidad y no se puede obligar a nadie a ser feliz ´´

                                                                                                        Jorge Luis Borges



PLAN XERAL ANUAL DO EQUIPO DA BIBLIOTECA


No seguinte enlace poderás acceder a información sobre o proxecto da biblioteca do ano 2020/21: 

- Protocolo Covid da biblioteca.

- Plan lector 

- Proxecto anual de centro : PDI `` A volta a Galicia en 176 días ´´ .

 https://issuu.com/c


Pica na imaxe para ver o proxecto da biblioteca


luns, 8 de febreiro de 2021

MOCHILA VIAXEIRAS

ESTE ANO , EMPRENDERON VIAXE AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS.
ESTAS 9 MOCHILAS CARGADAS DE LIBROS , XOGOS, REVISTAS... RECORRERÁN AS CASAS DE TODOS/AS OS ALUMNOS/AS DO COLE.
COMENZAN AS ANDAINAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS !!

 Este curso, todo o centro desfrutará nas súas casas dunha mochila chea de libros. 

 Este ano tócanos estar na casa e para poder desfrutar de momentos en familia cheos de imaxinación, humor, aventuras, curiosidades… non hai mellor cousa que a lectura.

O equipo da biblioteca preparou ,con moitísimo cariño ,estas mochilas que irán viaxando por cada fogar, enchéndose de experiencias ,emocións e recordos .

 Non poderán estar moito tempo na casa, pero o importante e que fagan que a familia esté unida en torno a elas, e que aos nenos/as lles quede un bo recordo para que desexen telas de novo no fogar.

 No diario da Mochila poderedes ( familias e nenos/as ) contar a experiencia a través de fotos, debuxos, anécdotas, desexos, libros que vos gustaron máis, citas, recomendacións … ese será o voso espazo para contarlle ao resto de nenos/as que levarán a mochila o que sentíchedes ao ter un anaquiño da vosa biblioteca escolar na casa. Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola no seu labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novas así coma desfrutar de momentos de lectura en familia .

 O mércores a mochila sairá do cole cara os vosos fogares e teredes que devolvela o lúns , para que pase a corentena correspondente antes de que a leve outro compañeiro /a.

 Recordade que terán que viaxar durante moitos meses, polo que é necesario que coidedes o material e que ,antes de devolvela revisedes que non falta nada .


CURSO 2020/21

COMENZAMOS NOVO CURSO ESCOLAR