luns, 8 de febreiro de 2021

MOCHILA VIAXEIRAS

ESTE ANO , EMPRENDERON VIAXE AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS.
ESTAS 9 MOCHILAS CARGADAS DE LIBROS , XOGOS, REVISTAS... RECORRERÁN AS CASAS DE TODOS/AS OS ALUMNOS/AS DO COLE.
COMENZAN AS ANDAINAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS !!

 Este curso, todo o centro desfrutará nas súas casas dunha mochila chea de libros. 

 Este ano tócanos estar na casa e para poder desfrutar de momentos en familia cheos de imaxinación, humor, aventuras, curiosidades… non hai mellor cousa que a lectura.

O equipo da biblioteca preparou ,con moitísimo cariño ,estas mochilas que irán viaxando por cada fogar, enchéndose de experiencias ,emocións e recordos .

 Non poderán estar moito tempo na casa, pero o importante e que fagan que a familia esté unida en torno a elas, e que aos nenos/as lles quede un bo recordo para que desexen telas de novo no fogar.

 No diario da Mochila poderedes ( familias e nenos/as ) contar a experiencia a través de fotos, debuxos, anécdotas, desexos, libros que vos gustaron máis, citas, recomendacións … ese será o voso espazo para contarlle ao resto de nenos/as que levarán a mochila o que sentíchedes ao ter un anaquiño da vosa biblioteca escolar na casa. Con esta actividade pretendemos reforzar o vínculo entre familia e escola no seu labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novas así coma desfrutar de momentos de lectura en familia .

 O mércores a mochila sairá do cole cara os vosos fogares e teredes que devolvela o lúns , para que pase a corentena correspondente antes de que a leve outro compañeiro /a.

 Recordade que terán que viaxar durante moitos meses, polo que é necesario que coidedes o material e que ,antes de devolvela revisedes que non falta nada .


Ningún comentario:

Publicar un comentario