luns, 30 de outubro de 2017

CADERNO DE PASATEMPOS DO SAMAÍN

https://issuu.com/spginet/docs/pasatempos
Aquí tedes o caderno de pasatempos do Samaín elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria para conmemorar o Samaín 2017.

BENVID@S AO NOVO CURSO 2017-18

Benvid@s a este novo curso 2017-18. Este ano, ademais de preparar unha chea de cousas relacionadas coas diferentes celebracións que acontecen ao longo do ano, traballaremos nun Proxecto Documental Integrado sobre as EMOCIÓNS E A CONVIVENCIA ESCOLAR. Como todos os anos intentaremos aprender un montón de cousas dunha maneira divertida e motivadora.

xoves, 22 de xuño de 2017

ENCICLOPEDIA DOS ANIMAIS DO MUNDO (NUBES DE PALABRAS)

https://issuu.com/spginet/docs/enciclopedia
Enciclopedia de nubes de palabras con información básica sobre animais dos 5 continentes, animais en perigo de extinción e animais extintos, realizado polo alumnado de 1º a 6º de primaria.

xoves, 15 de xuño de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Esta semana visitounos Vanesa, a nai de Martín da clase de 5 anos. Nesta ocasión, axudada polos seus fillos martín e Elsa, de 3º de primaria, contounos o conto do Señor Ramón e a Señora Ramona. A continuación puxéronnos unha adaptación de cine mudo feita por eles mesmos sobre o propio conto, que estaba chulísima. Aquí a tedes:




Por último, despois de ver o vídeo estivemos a ollar un libro de animais moi chulo chamado Iluminaturaleza.
Para rematar interpretaron a canción do libro "Un becho extraño" ademais de contarnos o conto.

martes, 13 de xuño de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada visitounos Ana, a nai de Dani da clase de 4 anos. Nesta ocasión contounos o conto de "Croco".




Despois de escoitar o conto fixemos unha ficha que tiñamos que completar con diferente información como: que come, onde vive, etc, por último coloreamos a croco como mais nos gustou.
Moitas grazas pola visita!!!!

mércores, 7 de xuño de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe visitaron a biblioteca Ana e Ara, nais de Adriana e Xulián de 2º de Primaria. Nesta ocasión preparáronnos unha actividades sobre animais.

Primeiro contáronnos unha chea de cousas sobre animais de distintos ecosistemas e despois, por grupos, tivemos que buscar aos animais que non estaban relacionados cun determinado ecosistema e tamén un certo número de animais das especies que elas nos dicían.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

martes, 30 de maio de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...

Hoxe visitounos na hora de biblioteca a nai de Xuán, da clase de 5 anos. Nesta ocasión explicounos unha técnica moi antiga coa que se decoraban as portadas dos libros, o marbling.

Cada un de nós fixo a súa propia creación e quedaron chulísimas!!!


Para rematar xogamos a un xogo de adiviñas a través de debuxos e pasámolo xenial!!!
Moitas grazas pola túa visita e ata a próxima...

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada visitounos Ana, a nai de Martina da clase de 4 anos. Contounos dúas pequenas historias axudada dun pequeno teatriño e, por suposto, da súa filla.
 Tamén nos contou o conto de "Todos hacemos pipí", que nos gustou moito e fíxonos moita gracia.
Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!

mércores, 10 de maio de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...


Onte recibimos na biblioteca a visita de Luján, a nai de Imanol da clase de 5 anos, que nos contou o conto "El grúfalo".
Despois trouxonos unhas fichas para que coloreáramos ao Grúfalo igual que o describían no conto ou como mais nos gustase.
 
A sesión de contacontos encantounos e agardamos que a nai de Imanol volva algún día a contarnos outro conto.

martes, 2 de maio de 2017

FESTIVAL SEMANA DO LIBRO

Como todos os anos celebramos diferentes actividades para conmemorar a Semana do Libro. Unha delas é o festival no que cada curso expón ou pon en escena as actividades que prepararon na biblioteca nas últimas semanas.

Os cativ@s de Infantil fixeron un vídeo onde amosaban os marcapáxinas de animais que elaboraron para a ocasión. Os de 1º e 2º de Primaria confeccionaron un libro con nubes de palabras, mentres que os de 3º adaptaron o conto "Un becho extraño" e contáronllo aos compañeir@s.
Os nen@s de 4º fixeron un libro de versos encadenados sobre animais, mentres que os de 5º prepararon un contacontos cun teatro de sombras sobre o conto "Feroz, o lobo".

Por último, os alumn@s de 6º curso prepararon diferentes versos sobre animais que despois lles recitaron aos compañeiros.

venres, 28 de abril de 2017

VISITA DO BARDO ABELARDO


BARDO ABELARDO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

O xoves recibimos no colexio ao Bardo Abelardo, co que fixemos un percorrido pola vida e obra de Carlos Casares. O Bardo Abelardo agasallounos coa súa "bomba da felicidade" particular, o seu acordeón e as súas cancións.

xoves, 27 de abril de 2017

LIBRO DE VERSOS ENCADENADOS ANIMAIS (4º DE PRIMARIA)

https://issuu.com/spginet/docs/skm_c25817042515000
Para conmemorar o Día Internacional do Libro, os alumn@s de 4º de Primaria elaboraron un libro de versos encadenados sobre animais. Aquí tedes o seu traballo.

LIBRO DE NUBES DE PALABRAS 1º E 2º DE PRIMARIA

https://issuu.com/spginet/docs/skm_c25817042515000 
Para conmemorar o Día Internacional do Libro os alumn@s de 1º e 2º de Primaria elaboraron nubes de palabras con diferentes formas para expresar o que para eles significa a lectura e os libros. 
Aquí tedes os seus traballos.

TEATRO "LARANXUS 7"

O martes puidemos disfrutar no colexio do teatro con títeres "Laranxus 7" por cortesía da ANPA do colexio e coa subvención da Deputación de Pontevedra.

Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas como: a importancia de coidar o planeta, reciclar, valorar a amizade, etc.

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS EN INFANTIL

luns, 3 de abril de 2017

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada o grupo de 6º de infantil recibiu na biblioteca a Silvia, a nai de Antón. Nesta ocasión contounos un par de contos sobre o respecto á diversidade: "El príncipe Ceciniento" e "Me gusta la gente". 
Os dous contos gustáronnos moito e con eles aprendemos que todas as persoas son diferentes e que témonos que respectar os uns aos outros.




Moitas grazas pola visita e ata a próxima!!!