venres, 27 de febreiro de 2015

O GATO CON BOTAS (6º PRIMARIA).

Adaptación do conto clásico "O gato  con botas" realizada polos alumn@s de 6º de Primaria.  
Os alumn@s traballaron o conto que lles foi asignado: confeccionaron as figuras coas personaxes, gravaron as voces e prepararon os decorados coas das diferentes escenas do conto. 
Agardamos que vos guste!!!

domingo, 15 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmallon/galeria/thumbnails.php?album=113
Xa están dispoñibles as fotos da celebración do Entroido 2015 no colexio. Como non podía ser doutro xeito este ano o Entroido tivo como temática "Os contos clásicos", xa que na biblioteca estamos a traballar nun proxecto sobre este tema.
Preme na imaxe para acceder á galería.

mércores, 4 de febreiro de 2015

RECUNCHO PARA AS FAMILIAS

Esta semana comezou a funcionar no colexio o "Recuncho para as familias".
Neste espazo as familias poderán atopar e levar emprestados libros relacionados coa educación dos e que dende o equipo de biblioteca pensamos que poden ser de utilidade para traballar cos cativ@s na casa. Agardamos que esta nova iniciativa teña moito éxito e pouco a pouco iremos incorporando novos fondos que podan ser de utilidade .

domingo, 1 de febreiro de 2015

UN NADAL DE CONTO

 Este ano estamos a traballar nun proxecto sobre os contos clásicos, polo que decidimos enlazar dito tema coa decoración do colexio polas festas de Nadal.
Os diferentes cursos confeccionaron libros en miniatura para decorar a árbore.
 Como non podía ser doutro xeito o noso nacemento tamén estaba baseado nos contos clásicos, e nel podiamos atopar personaxes como: os tres porquiños, o xenio de Aladino, Cincenta, etc. 
Aquí tedes o resultado.