mércores, 27 de febreiro de 2013

PROGRAMA DO SALÓN DO LIBRO 2013

Preme na imaxe para acceder ao programa da XIV edición do Salón do libro de Pontevedra.
Para máis información podedes acceder ao seguinte enderezo web:


xoves, 21 de febreiro de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Aquí tedes unha presentación en imaxes das visitas que realizamos os diferentes cursos do CEIP Mallón á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO.
Nesta visita puidemos aprender moitas cousas novas sobre as bibliotecas infantiles. Ademais o pasamos moi ben ollando os libros tan chulos que tiñan e participando nas actividades que nos prepararon.
Preme na imaxe para ve-la presentación.

CARTAFOLES FORMACIÓN DE USUARIOS

Na biblioteca xa levamos unhas semanas traballando cos cartafoles de formación de usuarios. Con estas actividades aprendemos novas cousas sobre a biblioteca e o seu funcionamento. 
Agardamos que estas fichas axuden aos nos@s alumn@s a convertirse nuns verdadeiros expertos no que se refire á biblioteca e a todo o relativo coa lectura.
* Na barra lateral dereita do blogue podedes consultar os cadernos de FORMACIÓN DE USUARIOS dos diferentes ciclos.

PRIMEIRAS CARTAS DO 2013

Aquí tedes unha selección das primeiras cartas recibidas por Tentalibrín desde xaneiro deste novo ano. É un pracer ver os progresos que van realizando os mais pequenos na súa escritura!!!
Agardo que vos gusten as súas cartas e debuxos...
Preme na imaxe para ve-las cartas.

luns, 11 de febreiro de 2013

sábado, 9 de febreiro de 2013

FESTIVAL DE ENTROIDO 2013

Aquí tedes a pirámide dos alimentos que fixemos polo Entroido no colexio. Nela non faltaron os DOCES (Ed. Infantil), as PROTEÍNAS como o leite, o iogur, as legumes, os ovos, o peixe, a carne, etc., (alumn@s de 3º ciclo de Primaria), tampouco faltaron as FROITAS E VERDURAS (1º ciclo de Primaria) e como non os HIDRATOS DE CARBONO como o pan e a pasta (2º ciclo de Primaria).
Preme na imaxe para acceder á galería completa do ENTROIDO 2013.

martes, 5 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013


O venres día 8 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Xa que no cole estamos a traballar nun proxecto sobre os alimentos, os nosos disfraces estarán relacionados con esta temática. Así que estade atentos ao blogue para ver o guapos que imos estar no desfile de disfraces.
Xa vedes que Tentalibrín adiantouse ao día e xa puxo o disfraz de Tenta-Chef.
Pensades que está guapo?