domingo, 30 de setembro de 2012

PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA


Aquí tedes un vídeo no que podedes observar a exposición que temos estes días na biblioteca. Trátase dunha exposición de PAPIROFLEXIA ou ORIGAMI. As figuras están feitas por Irene Alonso, antiga alumna do colexio e que agora estudia no IES Escolas Proval.
 Moitas grazas por facernos chegar a súa arte ao colexio!!!

domingo, 16 de setembro de 2012

BENVID@S AO NOVO CURSO 2012-13


Xa estamos de volta!!! Despois das vacacións de verán nas que espero que difrutárades da lectura, aquí estamos outra vez comezando un novo curso escolar. Este ano haberá moitas novidades e seguiremos traballando na biblioteca para que disfrutedes dela, así que ... seguide o blogue da biblio e xa vos iredes enterando de tódalas cousas que van acontecer durante este ano.
Un bico-ventosa!!!
TENTALIBRÍN.