martes, 26 de maio de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Hoxe visitounos Ana, a nai de Adriana de 5 anos. Desta vez contounos dous contos, en primeiro lugar "O cazo de Lorenzo" e en segundo lugar " A princesa que bostezaba a todas horas".


Para rematar, Adriana contounos tamén un conto amosándonos a todos o ben que sabe ler.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado Luns recibimos na biblioteca a Silvia, a nai de Iago de 1º de Primaria. Con ela aprendemos unha chea de cousas sobre o aparato circulatorio e os diferentes órganos do corpo humano.
 Para rematar, coa axuda de Silvia inventamos unha historia na que os alumn@s eran uns exploradores que viaxaban nunha nave ao interior do corpo. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. 

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

A semana pasada visitounos Araceli, a nai de xulián de 5 anos. Nesta ocasión contounos o conto de león e a valentía. Ademais despois fixemos unhas chapiñas de cartulina na que debuxamos cousas que antes nos daban medo pero que agora xa non o fan.


AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

Despois dun curso no que traballamos a reo na biblioteca, durante este trimestre estamos a recibir na biblio aos familiares de diferentes alumn@s.
Nesta ocasión visitounos Ángeles, a nai de David de 1º de primaria e contounos un conto portugués chamado "Rúa das cáries", que trata da importancia de ter unha adecuada hixiene dental.
Tamén nos explicou moitas cousas sobre a dentadura: tipos de dentes, partes, etc.

sábado, 16 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Esta semana celebramos no colexio o Día das Letras Galegas. Para comezar, os alumn@s de 6º expuxeron a presentación que prepararon sobre Filgueira Valverde.

 A continuación, os alumn@s de Infantil interpretaron todos xuntos a canción "O galo canta e a galiña chora".

Ademais os cativ@s de 5 anos tamén fixeron un recitado de versos de Rosalía de Castro.
Por outra banda, a clase de 5º de primaria interpretou a canción do "Pirimpimpín" de Malvela.
 Despois os alumn@s de 1º ciclo de primaria pasaron a presentar os caligramas que fixeron na biblioteca. Os de 1º baseados no texto "O Pomar" de Filgueira Valverde e os de 2º tomando como referencia o texto "Avoa Clara".

Seguíronlles os alumn@s do 2º ciclo, que presentaron os libros de versos encadenados que elaboraron na biblioteca inspirándose no texto "A tendeira" de Xosé Filgueira Valverde.
De seguido, os nen@s do 3º ciclo pasaron a presentar os acrósticos que elaboraron sobre a vida e obra do autor homenaxeado coas Letras Galegas.
Para rematar houbo unha entrega de premios para os alumn@s que participaron voluntariamente no concurso "Nós lemos e ti?" que organizou o Equipo de Dinamización Lingüística. No que os nen@s fixeron fotos co seu libro favorito en galego, explicando porque lles gustou ese libro a cada un deles.

Como colofón final cantamos todos xuntos o Himno Galego, que os cativ@s aprenderon durante estas últimas semanas.

mércores, 13 de maio de 2015

VERSOS ENCADENADOS 4º PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/versos_encadeados_4__
Os alumn@s de 4º tamén fixeron o seu libro de versos encadenados inspirados no texto "A tendeira".

VERSOS ENCADENADOS 3º PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/versos_encadenados_3__
Para conmemorar o día das Letras Galegas e tomando como referencia o texto "A tendeira", de Filgueira Valverde, os alumn@s de 3º de primaria elaboraron un libriño de versos encadenados.

CALIGRAMAS 2º PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/caligramas
Caligramas realizados polos alumn@s de 2º de primaria. Os nen@s elaboraron os caligramas co texto "Avoa Clara" de Xosé Filgueira Valverde, axudados por unha plantilla coa silueta da cara dunha avoa.

luns, 11 de maio de 2015

CALIGRAMAS 1º PRIMARIA

http://issuu.com/spginet/docs/skmbt_c22015051118170
Caligramas realizados polos alumn@s de 1º de primaria. Os cativ@s elaboraron os caligramas co texto "O pomar" de Filgueira Valverde, axudados por unha plantilla coa silueta da árbore.