sábado, 16 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Esta semana celebramos no colexio o Día das Letras Galegas. Para comezar, os alumn@s de 6º expuxeron a presentación que prepararon sobre Filgueira Valverde.

 A continuación, os alumn@s de Infantil interpretaron todos xuntos a canción "O galo canta e a galiña chora".

Ademais os cativ@s de 5 anos tamén fixeron un recitado de versos de Rosalía de Castro.
Por outra banda, a clase de 5º de primaria interpretou a canción do "Pirimpimpín" de Malvela.
 Despois os alumn@s de 1º ciclo de primaria pasaron a presentar os caligramas que fixeron na biblioteca. Os de 1º baseados no texto "O Pomar" de Filgueira Valverde e os de 2º tomando como referencia o texto "Avoa Clara".

Seguíronlles os alumn@s do 2º ciclo, que presentaron os libros de versos encadenados que elaboraron na biblioteca inspirándose no texto "A tendeira" de Xosé Filgueira Valverde.
De seguido, os nen@s do 3º ciclo pasaron a presentar os acrósticos que elaboraron sobre a vida e obra do autor homenaxeado coas Letras Galegas.
Para rematar houbo unha entrega de premios para os alumn@s que participaron voluntariamente no concurso "Nós lemos e ti?" que organizou o Equipo de Dinamización Lingüística. No que os nen@s fixeron fotos co seu libro favorito en galego, explicando porque lles gustou ese libro a cada un deles.

Como colofón final cantamos todos xuntos o Himno Galego, que os cativ@s aprenderon durante estas últimas semanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario