xoves, 28 de xaneiro de 2016

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O outro día volveu a visitarnos a nai de Lucía, de 2º de Primaria. Nesta ocasión contounos un conto moi bonito titulado "Kofu, o neno de chocolate" de Lupe Loriga. 
O libro conta unha bonita historia sobre a amizade e o importante que é levarse ben, sen facer distincións de razas ou culturas.

xoves, 14 de xaneiro de 2016

EXPER-I-CIENCIA

Hoxe recibimos no colexio ás rapazas de Exper-i-Ciencia, coas que puidemos achegarnos un pouco máis a este fascinante mundo da Ciencia.
Ao longo da mañá fixemos diferentes actividades relacionadas co mar e os océanos e aprendemos unha chea de cousas.