mércores, 16 de xaneiro de 2019

NOITE DE ESTRELAS

A semana pasada celebramos no cole unha actividade en relación ao proxecto sobre o Universo. A esta actividade asistiron unha chea de alumn@s e familiares, algo que nos alegrou moito. Durante a tarde-noite do xoves asistimos a unha charla sobre o Sistema Solar na que aprendemos unha chea de cousas interesantes. 
Acontinuación pasamos a visitar om planetario móbil que tivemos durante uns días no colexio e por último saímos ao patio a ver a Lúa con diferentes telescopios mentres tomamos un chocolate quentiño, ademais de poder identificar diferentes constelacións e estrelas grazas ás explicacións de Bruno, a quén lle agradecemos a súa predispoción e colaboración.



Agradecemos a tod@s a súa asistencia, en especial ás familias que trouxeron os telescopios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario