domingo, 22 de novembro de 2015

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN ...

O pasado martes visitounos David, o pai de Iago de 2º de Primaria. Nesta ocasión a súa visita estivo enfocada á ASTRONOMÍA.



Explicounos que é un eclipse e puidemos experimentar como se producen. Para recrear un eclipse solar empregamos unha linterna como Sol, unha bola facendo de Lúa e a Terra pintada nunha pizarra branca.
                                                                                      
Para rematar tamén nos falou da lei da gravidade e de como funciona o magnetismo no noso planeta.

Por último deixounos utilizar o telescopio para mirar un cable dunha fachada que estaba bastante lonxe e que a simple vista non alcanzabamos a ollar, para así facernos a idea da capacidade de aumento que ten o telescopio e da grande distancia á que están as estrelas de nós.


Foi unha actividade moi interesante e aprendemos unha chea de cousas. Dende a biblioteca agradecémoslle a súa visita.

                                                                                

Ningún comentario:

Publicar un comentario