Como xa sabedes, o pasado martes día 23 de Abril celebrouse o Día do Libro. No colexio realizamos diferentes actividades relacionadas coa lectura durante toda a semana.
Comezamos cos apadriñamentos lectores, actividade que levamos facendo nos últimos anos e que aos alumn@s lles encanta.
Os maiores escolleron a un dos máis cativ@s para contarlles un conto que lles gustara e logo facer un debuxo entre os dous. Todo foi sobre rodas xa que fixo un día espléndido para disfrutar da lectura ao aire libre.
Continuamos coa representación do conto "Arco da Lúa" por parte dos alumn@s de 5º e 6º para o resto de alumn@s e mestres do colexio.
Unha vez rematado o conto dos rapaces de 5º e 6º pasamos ao troco de creacións literarias dos nen@s por libros procedentes dos expurgos.
Cada curso foi presentando as súas creacións e despois os cativ@s escolleron un libro como agasallo.
Tod@s quedaron moi contentos cos seus agasallos, ademais de ter a oportunidade de amosarlle ao resto do cole o traballo realizado durante as últimas semanas.
Como colofón final ás actividades da Semana do Libro, o xoves tivemos dúas visitas moi especiais.
Os pequerrech@s de Educación Infantil disfrutaron coa actuación de Susa Herrera e os seus
"Animais Encantadores", onde non faltaron o baile e a música.
Por outra banda, os alumn@s dos diferentes ciclos de Primaria pasaron un rato estupendo con Inácio Vilariño e a súa "Fábula Galénica", onde se mesturaron o humor, os contos, a música tradicional e mesmo o baile.
Podedes visitar a galería de fotografías completa na seguinte ligazón:
Hola son Evelyn de 6º PRIMARIA e a verdade encantoume a semana do libro foi MOI DIVERTIDA!!!
ResponderEliminarO que mais me gustou foi leerlle un luibro aos nenos pequenos e o contacontos jajaj bueno .
chau UN SAudo :))
E verdade foi moi divertido, encantoume leerlle un conto a un neno pequeño e o que máis me gustou foi aquel contacontos jajaja.
ResponderEliminar