mércores, 10 de xuño de 2026
Lecturas compartidas
Acabamos a semana con lecturas compartidas onde os maiores preparan e contan un libro aos mais pequenos. Encántannos as historias e sobre todo que chega o venres…
Ás ricas receitas
Todos os meses degustamos unhas ricas receitas que prepararon os alumnos do cole dos diferentes países de todos os continentes.
luns, 25 de maio de 2026
Dende a biblioteca do centro para conmemorar o Día da Familia (15 de maio) queremos poñer a disposición unhas mochilas viaxeiras para adultos con libros para pais e nais sobre a crianza dos seus fillos (contactando co centro ou coa titora do alumno para o préstamo). Agardamos que sexa do voso interese e pracer e para unha educación saudable, amor e benestar. Grazas.
martes, 5 de maio de 2026
Día do Libro 2026
AQUÍ TEDES AS FOTOS DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2026, NA QUE NON FALTARON, ARTE, DEBUXOS, PORTADAS DE CONTOS, LECTURAS COMPARTIDAS E POR SUPOSTO LIBROOOOOOS E AO NOSO ACTOR, PERCURSIONISTA E CONTA CONTOS PACO NOGUEIRAS.
martes, 10 de marzo de 2026
8M DÍA DA MULLER
CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO, DENDE A BIBLIOTECA, FIXOSE UNHA SELECCIÓN DE FONDOS RELACIONADOS CO DÍA DA MULLER.
O ALUMNADO DE PRIMARIA E INFANTIL REALIZOU UNHA EXPOSICIÓN DE RETRATOS DUNHA MULLER IMPORTANTE DA SÚA VIDA.
24 Febreiro. Día de Rosalia de Castro
Homenaxeando a nosa poeta e novelista española fixemos unha pequena selección das súas obras e literatura. Tamén gozamos da actividade "cociñando caldo de Gloria" proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
martes, 10 de febreiro de 2026
martes, 3 de febreiro de 2026
NOVIDADES
PRESENTAMOS A NOSA ADQUISICIÓN DE LIBROS QUE TEMOS ESTE ANO PARA A BIBLIOTECA DO COLE.
TÍTULOS TAN INTERESANTES COMO:
"El niño con flores en la cabeza"
"Mamá ¿por qué me enfado?"
"A Banda que ninguén coñece"
venres, 30 de xaneiro de 2026
NADAL DE COCIÑA
A árbore de Nadal do cole aparece adornado de vieiras decoradas coa súas familias. Ademais degustamos as deliciosas galletas elaboradas polo alumnado e enfornadas pola Panadería do barrio “La Pintora”.
25 NOVEMBRO: DÍA Contra a Violencia de Xénero
Un ano máis, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller para elo elaboramos o tarro dos bos tratos co lema “A igualdade tamén se cociña: engadamos bos tratos á receita”
SAMAÍN
OUTUBRO 30 Outubro Desde o equipo da dinamización da lingua galega e equipo de biblioteca propuxéronse varias actividades para celebrar esa festividade : exposición de cabazas, merenda común , xogo de pistas…, receitas, cancións, contos, vídeos…
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Día das Bibliotecas escolares
Conmemoramos este día coa presentación do proxecto ao alumnado cun video de Tentalibrín coa súa proposta de colorear os utensilios de cociña para decorar a porta de cada aula
mércores, 25 de xuño de 2025
AS FAMILIAS TAMÉN PARTICIPAN...
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS ÚLTIMAS FOTOS DAS FAMILIAS QUE PARTICIPARON ESTE ANO DENDE A BIBLIOTECA.
DESTACAMOS A FAMILIA DE TEO E ANXELA ONDE NOS EXPLICARON E ENSINARON A CREACIÓN DE IMAXES E HISTORIAS A TRAVÉS DA TÉCNICA "STORYBOARD"
E TAMÉN DESTACAMOS A PARTICIPACIÓN DE SARA, EXALUMNA E IRMÁ DE ALEXIA QUE VIU AO COLE A EXPLICAR AO ALUMNADO DE 5º A SÚA EXPERIENCIA COMO ALUMNA DE MAXISTERIO E EN CONCRETO UNHA DAS SÚAS ESPECIALIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE.
GRAZAS FAMILIAS!
mércores, 18 de xuño de 2025
O CINE: "FIN DO PROXECTO"
AQUÍ DEIXAMOS UN RESUMO DE TODO O TRABALLO REALIZADO POLAS AULAS RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DESTE CURSO. O CINE "LUCES, CÁMARA, CRE-ACCIÓN"
luns, 16 de xuño de 2025
AS FAMILIAS TAMÉN PARTICIPAN...
COMO CADA ANO, DENDE A BIBLIOTECA OFRÉCESE AS FAMILIAS PARA PARTICIPAR EN ACTIVIDADES RELACIONADAS COA BIBLIOTECA OU O PROXECTO DO CENTRO. NESTA OCASIÓN CONTAMOS CON MARTA, UNHA MAMÁ QUE PREPAROU UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA RELACIONADA CO CINE PARA 3º E 5º DE PRIMARIA. UN "PASAPALABRAS"
ADEMAIS TIVO UN GRAN DETALLE DE DARLLE UN AGASALLO A CADA NENO-A. UNHA CLAQUETA.
domingo, 8 de xuño de 2025
VISITA DE ANXO MOURE
O 19 DE MAIO TIVEMOS A GRAN SORTE DE TER DE CONTACONTOS O ESCRITOR ANXO MOURE. ESTE DESTACA POLAS SÚAS ACTIVIDADES CÓMICAS E EDUCATIVAS COS NENOS, MENTRAS ENSINA O QUE PASA NO MUNDO AO NON COIDAR A NATUREZA.
ESTA ACTIVIDADE FOI GRATUITA PARA O ALUMNADO GRAZAS AO CONSORCIO EDITORIAL GALEGO.
venres, 6 de xuño de 2025
PROXECTO DO CINE NAS AULAS
AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DOS TRABALLOS REALIZADOS POLAS DIFERENTES AULAS DENDE INFANTIL ATA PRIMARIA SOBRE O PROXECTO DESTE ANO DO CINE. RELACIONADO CO CINE DE ANIMACIÓN, SUPERHÉROES, COMEDIA E TERROR.
UN GRAN TRABALLOS DE TOD@S!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































