UNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS NESTE CURSO RELACIONADO CO PROXECTO FOI A CREACIÓN DA "SALA DE CINE" DE MALLÓN. TODOS OS 1º VENRES DO MES, TEMOS 2 PASES DE CINE PARA O ALUMNADO. O PRIMEIRO PASE PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E O SEGUNDO PARA A ETAPA DE PRIMARIA. NO TABOLEIRO ANUNCIAMOS CAL SERÁ A PELÍCULA.
luns, 18 de novembro de 2024
mércores, 13 de novembro de 2024
O "TENTAROSCO" DE TENTALIBRÍN
TENTALIBRÍN VOLVE OUTRA VEZ CO TENTAROSCO, PERO ESTE ANO ADICADO O CINE. O "TENTACINE". ACTIVIDADES RELACIONADAS CON DITA TEMÁTICA ONDE CONSISTE EN RESOLVER DIFERENTES PASATEMPOS.
ESTA ACTIVIDADE A TEMOS SITUADA NO HALL DA ENTRADA ONDE O ALUMNADO TEÑEN AS PROPOSTAS POR ETAPAS (PRIMARIA-INFANTIL E 1º E 2º P) E O BUZÓN DAS RESPOSTAS.
luns, 11 de novembro de 2024
24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
CONMEMORAMOS ESTE DÍA REALIZANDO UN DEBUXO DA NOSA BIBLIOTECA E O QUE REPRESENTA PARA NÓS. APROVEITAMOS COMO FONDO UNHA "CLAQUETA" DE CINE.
martes, 29 de outubro de 2024
mércores, 29 de maio de 2024
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...
Os alumn@s de 4º e 2º de Primaria recibimos estes días na biblio a Marta, nai de África e Gloria.
Nesta ocasión preparounos un rosco de Pasapalabra con preguntas relacionadas coa ARTE. Pasámolo moi ben!!! Ata outra!!!
luns, 27 de maio de 2024
TEATRO A XANELA DO MAXÍN
O venres pasado recibimos no colexio a Celtia Figueiras, que nos agasallou cun teatriño baseado no libro A banda dos insectos. Pasando a bóla.
Con ela aprendemos unha chea de cousas sobre como comportarnos con VALENTÍA, para tod@s xunt@s acabar co bullying.
MOITAS GRAZAS E ATA A PRÓXIMA!!!
xoves, 2 de maio de 2024
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN...
A semana pasada visitounos Andrés, o pai de Carmen e Martín. Participamos nun pequeno obradoiro no que nos explicou diferentes aspectos relacionados co seu traballo: tipos de pinturas, aplicación, rodillos, etc.
Moitas grazas pola túas visita!!!
martes, 30 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
O pasado 23 de abril celebramos no colexio o Día Internacional do Libro.
Para conmemorar este día organizamos diferentes actividades. Os alumn@s fixeron un mural colectivo no que plasmaron con diferentes técnicas as súas lecturas favoritas acompañadas cun símbolo representando a emoción ou sentimento que lles suxería dita lectura.